venres, 21 de xaneiro de 2022

5º Educación Infantil

 Ola familias!!! Tivemos unha semana cargada de propostas invernais … aquí vai a mostra semanal. 

1. Vocabulario propio desta estación. Estación escritura. 



2.Traballar diversos trazos ( vertical, horizontal …) creando folerpas nas nosas fiestras.


3. Facer parellas de folerpas en diferentes tamaños ( grande e pequeno) coa axuda das nosas lupas de detectives. 



4. Reproducción de patrón. Creat folerpas con bastoncillos. 


5. Seguimos o trazo da folerpa co dedo e con pintura . 


6. Crea un boneco de neve en plastilina.


7. Estampación de gotas de chuvia.

Vémonos!! 






luns, 17 de xaneiro de 2022

NA AULA DE 4 ANOS COMEZAMOS O SEGUNDO TRIMESTRE CON MOITAS GANAS

 O primeiro que fixemos foi explorar e xogar cós novos materiais de aula.








Comezamos o inverno pero nas nosas fiestras puxemos moitas cores.


E por último levamos a cabo as propostas semanais do inverno.










venres, 14 de xaneiro de 2022

XA ESTAMOS DE VOLTA EN 3 ANOS

Ola familias! Empezamos o trimestre con moitas ganas!! Ademais de realizar diversas actividades, estes primeiros días adicámolos a xogar e falar das vacacións!

As tres propostas da semana estiverom relacionadas có inverno e foron:

1. Realizar copos de neve.






2. Emparellar os que son iguais.






3. Unir número con cantidade.






Tamen realizamos diversas actividades como:
Estampar tubos utilizando unha cor do inverno e descubrir os círculos.

Iniciámonos no mundo dos xogos de mesa e comezamos polo jenga.




Comezamos a preparar decoración para as ventás


Traballamos conceptos "tantos como", "máis que" e "menos que" e clasificamos por cores.



E desfrutamos moito dos nosos rincóns!




Ademais o primeiro día de clase esperábanos unha sorpresa que nos deixaron os reis!! Disfrutamos moito desta cocina nova e dos rincóns de Xogo!



Que teñades unha boa finde!

martes, 11 de xaneiro de 2022

ANIVERSARIO SAÚL

Na aula de 3 anos comezamos a cumprir 4 aniños!! O primeiro foi Saúl que hoxe está de aniversario y na aula festexámolo!!

Feliz Volta ao Sol Saúl !