sábado, 24 de setembro de 2022

COMEZAMOS RUTINAS EN 4 ANOS

Ola familias! Esta semana comezamos realizando tres propostas semanais:
1. Identificación do nome dxs seus compañeirxs.



2. Realización de números con cunchas.



3. Maxia co seu nome.



Ademais tamén completaron o seu retrato utilizando un espello.




Introducimos novas rutinas na asamblea.



E o venres realizamos unha pequena Festa do outono para festexar a súa chegada.



Que teñades unha boa fin de semana!!

venres, 23 de setembro de 2022

A clase de Marga

 Ola familias:

Outra semana chea de actividades, hoxe comezou o outono e xa fixemos o primeiro traballo. Aquí  vos deixo algunha mostra.






Esta semana coñecimos tamén a IGREXIÑO, a mascota do noso cole.



RINCÓN DO MONSTRUO DE CORES.

Xa estamos a facer moitas actividades do Proxecto de clase "O MONSTRUO DE COLORES".
Temos ata o noso rincón.


MURAL
Con témperas sólidas fixeron unha representación do monstruo que quixeron.





EMOCIONÓMETRO
Como nos sentimos cada día.


XOGOS





MOTRICIDADE FINA

O traballo da motricidade fina é diario, aquí vos deixo un vídeo.




martes, 20 de setembro de 2022

ANIVERSARIO LARA

 O pasado xoves festexamos o primeiro aniversario do curso!! Lara cumpriu os 5 anos!!

Moitos parabéns!!



luns, 19 de setembro de 2022

NOVOS MATERIAIS NO PATIO

Esta semana estrenamos novos materiais no patio de infantil!!! Disfrutaron moito coas novedades!!!!



venres, 16 de setembro de 2022

A CLASE DE 3 ANOS

 Ola familias, xa estamos de volta e con novo alumnado de 3 anos. Espero que pasen un ano moi divertido e cheo de moitas actividades. Aquí irei amosando algunhas das actividades que vaiamos facendo.😊

                      BENVIDOS AO COLEXIO


Aquí vos deixo o vídeo dos primeiros días. Espero que o disfrutedes en familia.



PINTAMOS CON TÉMPERA SÓLIDA.

Xa estivemos facendo os primeiros traballos. Son uns artistas.










PASADE BO FIN DE SEMANA


AULA DE 4 ANOS

Ola familias!!! Xa estamos de volta con moitas ganas!! E pouco a pouco introducindo rutinas novas!! 



Estes días foron días de reencontros e para xogar xuntos!! Pouco a pouco comezaremos coas nosas propostas e o traballo por rincóns!! Ainda así, fixemos algunhas cousiñas como...

Contamos o noso verán e debuxamos o que mais nos gustou del.



Contamos o conto "Non é unha caixa" e desfrutamos imaxinando e transformando caixas en casas, coches, avións.... Pasaronno moi ben!



Apareceron na aula cunchas e fixemos unha actividade de conteo con elas!! Un deles quixo saber se coa máis grande se podía escoitar o mar!! E o resto tamén se animaron a descubrilo!







Por último, fixemos os nosos nomes para colocar nos caixóns e nos percheiros!








Boa fin de semana!!

CUMPREANOS DE BRIANDA

Esta semana celebramos o cumpreanos de Brianda, pasámolo moi ben, xa ten 3 aniños.
Moitas felicidades.🎈🎈🎉

xoves, 8 de setembro de 2022

VOLTA AS AULAS

En E.I. xa estamos de volta!! E este ano comezamos o curso con moitas ganas e ilusión!! 
Compartiremos, coma sempre, cousiñas que facemos no noso día a día nas aulas!!
Dar a benvida as novas familias que nos acompañarán neste curso 2022-2023.