venres, 18 de marzo de 2022

MARZO EN 3 ANOS

Ola familias! As tres propostas desta semana foron:

1. Conteo en mesa de luz.




2. Construimos a nosa cara.




3. Decoramos o nome seguindo a direccionalidade das letras.





Algunhas actividades que fixemos foron:

GRAFISMO



MONSTRO ROSA
Como o protagonista viaxa en barco de papel fixemos barcos e sombreiros de papel.


LECTOESCRITURA
Utilizando o noso nome.






PROXECTO.
Xogo de clasificación de diferentes medios de transporte.



XOGOS DE MESA 

ARTE.
Fixemos unha festa de arte pintando ao ritmo da música con cores de inverno para despedir está estación que xa remata.





RINCÓNS



Que teñades unha boa fin de semana!


sábado, 12 de marzo de 2022

5° DE EDUCACIÓN INFANTIL

Boas familias! Voltamos do entroido con forza...
O mes de marzo é o mes da muller e quixemos recordar que goles e mulleres temos os mesmos dereitos e que podemos facer as mesas cousas.
Relacionado co proxecto buscamos información sobre mulleres relacionadas có mundo do motor (conductoras, pilotas, astronautas...) Ata atopamos a primeira muller conductora de camión en Galicia.










Rematado o día da Muller... Seguimos experimentando e explorando esta estación do ano... Esta semana tocou frío... E puxémonos mans a obra...
1. Pintura conxelada. Auga e témpera deu como resultado un mural chulísimo.



2. Xogamos con bloques de creo e a desconxelalos con cores e por último conxelar flores e prantas do noso patio.

E por último deixamos unhas fotiños de momentos de Xogo libre dentro da aula.

 




Ata a semana!!

venres, 11 de marzo de 2022

PRIMEIROS DÍAS DE MARZO EN 3 ANOS

Ola familias!! As tres propostas desta semana foron:

1. Crear o noso nome con letras de periódico. Aproveitamos que esta semana foi a Semana da Prensa. Rematamos debuxándonos.





2. Observar a tarxeta e facer a mesma forma utilizando as pezas.





3. Utilizar a plasti caseira que fixemos a semana pasada para realizar o noso corpo.




Outras actividades foron:

DIA DA MULLER

- Colaboramos pintando a M de marzo e descubrimos que na aula temos dous compañeiros que comezan pola mesma letra.


- Tendo en conta o proxecto investigamos sobre Laia Sanz (moto), María de Villota (F1) e Cristina Gutiérrez (coche). Visualizamos videos e despois cada grupo fixo o retrato da Muller que lle tocou! Desfrutaron moito vendo os vídeos!!



ARTE

Recortamos ou rasgamos papeis, pegamos no folio, pintamos de cores por encima e despois despegamos!! Quedaron unhas obras de arte chulísimas!! 









OBRADOIRO DE LECTO

A través do recoñecemento dalgunhas vogais!


PROXECTO DE CENTRO

Esta semana comezamos a traballar un pouco máis en profundidade o proxecto de centro! Centrarémonos principalmente nos medios de transporte! Para presentalo, esta semana apareceron na aula uns coches conxelados que tiveron que rescatar!! Estiveron moi motivados!!
Se algunha familia quere colaborar có tema do proxecto será ben recibida a súa implicación !!



SEMANA DA PRENSA

Aproveitamos a semana da prensa para coñecer os periódicos e falar un pouco sobre os mesmos! Despois realizamos unha actividade na que podían manipulalos de forma libre! Algún atase animou a realizar un sombreiro e outros estiveron decorándoos.




MONSTRO ROSA

Durante estas semanas imos traballar a través deste conto!
- Antes de ver cómo era o monstro fixemos o debuxo imaxinando como podía ser!! Despois de coñecelo plasmamos como era no papel!



- Decoramos o noso monstro rosa.



- Traballamos coa súa canción.



TEMPO DE RINCÓNS



E con Alba rematamos as visitas da mochila viaxeira as casas da nosa aula!! Agradecer a familia de Alba a súa colaboración realizando esta máquina de coser tan chula!


Agradecer de novo a colaboración de todxs na mesma e espero desfrutarades moito con ela pasando tempo en familia!

Que teñades unha boa fin de semana!!!