venres, 27 de maio de 2022

4 ANOS

 Ola familias! Rematando o mes de maio con moita calor.

1. Comezamos a semana preparando masa de sal, recordamos as medidas por equipos para poder facela, e cun pouco de colorante fixemos moitas flores.




2. Outra saída a "Senda da Auga". Nesta ocasión os nenxs como xa coñecen a senda o que fixeron foi facer mapas... si, si... mapas situando os lugares máis importantes da senda.


E a volta pintamos os tesouros que trouxemos da ruta.



3. Un pouco de traballo con grafismos.

4. Turno de identificar cantidades e colorear.





5. Nova remesa de xogos de mesa.


6. Creamos novo material para a aula. Identificación de cores e seriación.



Xa queda pouco... pero ven a parte máis divertida.

Saúdos, familias!!

sábado, 21 de maio de 2022

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS EN 3 ANOS

Ola familias!! Esta semana, coincidindo coa Semana das Letras Galegas, dúas das propostas estiveron relacionadas con esta temática:

1. Coñecimos e realizamos a bandeira de Galicia.





2. Fixemos un crebacabezas do homenaxeado polas Letras Galegas, Florencio Delgado, e elaboramos o seu nome con selos de letras.








3. Conteo medios de transporte.





Ainda que foi unha semana moi cortiña, tamén tivemos tempo para...

Decorar o retrato de Florencio Delgado.



GRAFISMO. Seguimos a tope cós grafismos que tanto les gusta! Nesta ocasión utilizando formas xeométricas.

XOGO DE ATENCIÓN. Con bastoncillos de cores.




XOGO DE LOCALIZAR FORMAS XEOMÉTRICAS. Tiñamos que fixarnos moi ben no número, na forma e na cor.




XOGOS DE MESA.



E... Descubrimos que a nosa plantación empeza a dar os seus froitos!!!!!! Para a semana xa podemos desfrutar das nosas propias fresas!!


Que teñades unha boa fin de semana!!

4 ANOS

Boas familias!! Semana curta e con maratón incluido, pero sacamos como hai tempo para todo... aí vai unha mostra.


Mércores adicamos un anaco do día a facer ioga... esta semana tiñamos tarxetas de "yogi animais" e despois representamos en papel a nosa postura favorita.


Traballo en equipos

1. Escrita de vocabulario da primavera.




2. Conteo de estrelas do 1 ao 10.




3. Trazos- grafismo/ simetrías.



4. Escornabot. Esta semana o escornabot axudounos a contar e a facer "sumas" cos dados.


E rematamos... Boa fin de semana.

venres, 20 de maio de 2022

MARATÓN LETRAS GALEGAS

Este ano o homenaxeado polo día das Letras Galegas foi Florencio Delgado!! No cole, como todos os anos, tivemos o noso maratón!!
Temos unxs nenxs que o fixeron xenial!!