sábado, 15 de outubro de 2022

A CLASE DE 3 ANOS

 Ola familias. 

Deixovos algunhas propostas destes días.  Espero vos gusten.😊

 1. TRABALLANDO CON TEXTURAS.

Estivemos xogando con diferentes texturas. Fariña e auga, bolas de xel, area e kinetic sand.


2. PROPOSTA CON TIZAS.

Pintamos un número 1 con tizas gordas.





3. USAMOS POR PRIMEIRA VEZ O PEGAMENTO.





 ATA A PRÓXIMA


EDUCACIÓN RESPONSABLE EN 4 ANOS

Despois de recibir a carta do Mago das Palabras e de visualizar o vídeo, o alumnado de 4 anos decidiu axudarlle coa misión que lles encargou: elaborar unha mascota!!

A través da mesma, traballarán a educación emocional e a estimulación da linguaxe coa Mestra de AL!

Aquí deixamos unha mostra de cómo comezou a súa elaboración!!! Estade atentos ao resultado final!!!




SEMANA CORTIÑA EN 4 ANOS

Ola familias!! Esta semana cortiña as tres propostas da semana foron:

1. Grafismo en ardilla.





2. Comezamos a facer unha introducción no mundo das simetrías.





3. Recortar o noso Nome, pegalo e facer trazos con cortes de outono.






Ademais seguimos traballando coa arte de KANDINSKY e elaboramos unha árbore xigante con círculos entre todos/as.




Despois cada un elaborou a súa árbore.

Seguimos xogando cós dados contahistorias que tanto lle gustan!

Este mes estamos aproveitando que non está chovendo moito para desfrutar de momentos de patio!!

Que teñades unha boa fin de semana!!

venres, 14 de outubro de 2022

INSTALACIÓN DE OUTONO

 Ola familias,

Onte fixemos unha instalación de outono para todo infantil, pasámolo moi ben e fixeron diferentes actividades.  

Aquí vos deixamos o vídeo.


BO FIN DE SEMANA

ANIVERSARIO DE ANXO

Hoxe Anxo cumpre 4 anos!!! 

Desfrutamos moito no cole cantando e bailando para festexar!!!

Parabéns Anxo!! Feliz Vida e a por máis Voltas ao Sol festexando xuntos!!





xoves, 13 de outubro de 2022

martes, 11 de outubro de 2022

COMEZAMOS CÓ PROGRAMA DE EDUCACIÓN RESPONSABLE NA AULA DE 4 ANOS

Os cativos de 4 anos están moi emocionados/as o ter recibido unha carta do Mago das Palabras!! 
Con qué nos vai sorprender?
Deste xeito estamos traballando a estimulación da linguaxe dende o programa Educación Responsable coa Mestra de A.L.

Estaremos atentos/as a máis novidades!!!



sábado, 8 de outubro de 2022

Clase de Marga

 Ola familias!!!! 

Deixo algunhas actividades que imos facendo estas semanas. Espero vos gusten.

CAMIÑOS

Esta actividade a levo realizando en varias semanas. Fixemos camiños con tiza no chán para repasar. Aproveitei para que pintaran con tiza no chán e logo fixemos camiños na clase con pompóns, botóns e témpera. Traballan con moitas gañas.😊


MANDILÓN

Unha proposta foi tamén pegar tela nun mandilón, así imitamos o noso.







DECORANDO LAS VENTANAS
Xa decoramos un pouco as ventanas da clase, fixemos un señor outono.


CALMITO

Xa teñen o seu calmito na casa.


Fixemos moitas cousas máis , xa as irei publicando.

Bo fin de semana.

AULA DE 4 ANOS

Ola familias!! As tres propostas desta semana foron:

1. Elaboración do seu nome e dxs seus compañeirxs.





2. Conteo de follas de outono.





3. Elaboración do ourizo.





Seguimos coñecendo mais cousiñas sobre o artista deste primeiro trimestre: KANDINSKY. Nesta ocasión creamos unha obra de arte con círculos.



Chegaron cousiñas de outono a aula e aproveitamos para coñecer o seu nome, clasificar, contar, seriar...


Xogamos a contar animais e poñer o mesmo número nos dous recipientes.



E realizamos un OBRADOIRO DE GRAFISMO.



E compartiron momentos en rincóns.


Disfrutade da fin de semana e vémonos o luns!