Moitas grazas familia pola colaboración!!!
xoves, 30 de abril de 2020
O astronauta Nicolás visita Saturno
Seguimos coas investigacións e esta semana tócalle o turno o astronauta Nico, que viaxa ao espazo para coñecer un pouco mellor cómo é o planeta Saturno! Mirade cantas cousas nos ensina sobre este planeta!!
mércores, 29 de abril de 2020
Felicidades Daniela!!!
Felicidades para DANIELA que hoxe cumpre 4 anos. Mandamos un bico moi grande e que o pase moi ben. 🎈🎈🎉🍰 Aquí deixo unhas cancións.
Quero tamén mandar unha felicitación a ENZO, que cumpríu en marzo cando aún no tiñamos o blog. Deixolle tamén unhas cancións.
martes, 28 de abril de 2020
Parabéns Marco e Bruno
Hoxe estamos de celebración!!!! Marco e Bruno están de aniversario e cumpren 5 anos!! Parabéns e a cumprir moitos máis!! Como non podemos celebralo todos xuntos, farémolo dende a distancia coas cancións que escoitábamos ese día en honor aos que cumprían anos!
Disfrutade moito do voso día e esperamos poder festaxalo todos xuntos moi pronto!!
luns, 27 de abril de 2020
Retos da Semana dos Maios
Ola familias! Empezamos nova semana e con ela propoñemos novos retos. Esta semana vamos adicala aos maios:
RETO 1:
RETO 2:
Xa que estamos na semana dos maios propoñemos facer unha guirnalda de flores. Podedes facela como queirades: con cartulina como na foto, con flores naturais, con material de reciclaxe... Animádevos a contar cantas flores entran na guirnalda!
RETO 3:
Neste reto propoñemos facer series! Poden ser con froita ou con flores ou con ambas. Empezaremos contando cantos elementos temos para realizar a serie; despois facemos agrupacións de iguais e contamos cantos hai de cada grupo; a continuación realizamos a serie; e por último, se na serie había froita, podemos axudar no lavado e cortado da mesma e realizar series con brochetas de froita e... a comer!!
RETO 4:
Para rematar a semana propoñemos facelo cun experimento. Só necesitamos: unha servilleta, un rotulador negro, rotuladores de cores e auga. Dobramos a servilleta e por un lado con rotulador negro debuxamos unha flor (propoñemos flores porque estamos na semana dos maios); coloreamos un pouco e metemos na auga có lado que non ten debuxo hacia arriba e.. maxia!! Neste video está moi ben explicado:
Ademais esta semana ofrecemos a posibilidade de facer FICHAS INTERACTIVAS coa temática da semana!! Animádevos a probar, xa que non necesitades impresora e pódese facer desde un móbil ou unha tablet de forma táctil. Son autocorrexibles, pero podedes mandar os resultados ao noso correo unha vez que lle dades a terminado
Boa semana!! Esperamos as vosas fotos para ver os resultados!!
RETO 1:
RETO 2:
RETO 3:
RETO 4:
Para rematar a semana propoñemos facelo cun experimento. Só necesitamos: unha servilleta, un rotulador negro, rotuladores de cores e auga. Dobramos a servilleta e por un lado con rotulador negro debuxamos unha flor (propoñemos flores porque estamos na semana dos maios); coloreamos un pouco e metemos na auga có lado que non ten debuxo hacia arriba e.. maxia!! Neste video está moi ben explicado:
Ademais esta semana ofrecemos a posibilidade de facer FICHAS INTERACTIVAS coa temática da semana!! Animádevos a probar, xa que non necesitades impresora e pódese facer desde un móbil ou unha tablet de forma táctil. Son autocorrexibles, pero podedes mandar os resultados ao noso correo unha vez que lle dades a terminado
Boa semana!! Esperamos as vosas fotos para ver os resultados!!
domingo, 26 de abril de 2020
Actividades da semana
Grazas por todo o traballo que facedes cada semana. Deixovos un vídeo de todo o voso traballo dende a casa.
Foto dende casa
O equipo de Normalización Lingüística pide a nosa colaboración. Necesitan unha foto do alumnado dende a casa realizando calquera actividade. Esta foto a precisamos antes do martes. As que se reciban despois desta data non se utilizarán. Dalgúns nen@s temos moitas fotos, pero hai moitos que nunca mandaron ningunha. Grazas familias.
xoves, 23 de abril de 2020
Día do Libro
Todos os anos, o 23 de abril celebramos o Día do Libro! Recomendamos que hoxe estedes atentos ao blog do cole, para descubrir a sorpresiña que temos preparada con todas as fotos dos libros que recibimos! Mentres tanto deixamos unhas adiviñas para quen queira pasar un rato divertido... Quen se atreve a xogar e adiviñar de que contos se trata?
Feliz día do libro!
Feliz día do libro!
mércores, 22 de abril de 2020
A astronauta Ainara investiga sobre a Terra
A seguinte en viaxar o espazo foi a astronauta Ainara. Alí descubriu moitas cousas sobre o planeta Terra, que é no que vivimos! Mirade cantas cousas interesantes podemos aprender sobre o noso planeta!!Sobretodo nun día como hoxe que é o Día da Terra!
Moitas grazas familia pola colaboración!!
Moitas grazas familia pola colaboración!!
DÍA DA TERRA
Hoxe celébrase en todo o mundo o "DÍA DA TERRA".
Propoñemos unha manualidade. FELIZ DÍA!!!
http://www.dltk-ninos.com/festivos/tierra/huella.htm
Tamén vos deixamos unha canción para celebrar este día e varios episodios da Día da Terra de Peppa Pig!
martes, 21 de abril de 2020
Retos da semana do libro
Nesta semana propoñemos os seguintes retos; mandámosvos todos xuntos para que vos organicedes. Moitas grazas e animádevos a mandar fotos.
Este reto consiste en emparellar calcetíns e ordenalos.
Podedes aproveitar a actividade para agrupar por cores, contar os pares, número de calcetíns...
Hoxe é o día do libro, mandámosvos estes contos e animávosvos a que debuxedes a quen vos gustaría abrazar agora ou despois do confinamento. Facede un debuxo ou contalo por escrito.
Antes de facer o experimento podedes preguntar aos nen@s que creen que pode pasar cando se bote a auga.
Este reto consiste en emparellar calcetíns e ordenalos.
Podedes aproveitar a actividade para agrupar por cores, contar os pares, número de calcetíns...
O reto de hoxe consiste en facer unha coroa de marciano, relacionada có proxecto de centro. Aquí mostrámosvos unha idea, pero podedes usar a vosa imaxinación como queirades.
luns, 20 de abril de 2020
O astronauta Sergio investiga sobre o Sol
Moitas grazas familia por todo o esforzo e colaboración!!
Día do libro
O xoves é o "Día do libro". Dende biblioteca farase un montaxe moi especial. De ahí a vosa colaboración.
Actividades feitas nesta última semana !
Non sabedes a ilusión que nos fixo recibir as imaxes de todo o traballo que estades a facer cós peques! Aquí deixamos unha mostra de todo o realizado! Moitas grazas Enzo, Edahi, Sofía, Iván, Nora, Lois, Anahi, Leire, Luis, Valentina, Nerea, Nico, Marco, Mateo e Bruno! Seguide traballando así!
venres, 17 de abril de 2020
A astronauta Nerea investiga sobre Venus
Seguimos coas investigacións!! Neste caso Nerea viaxou ao espazo e apórtanos un montón de información sobre o planeta Venus que descubriu na súa viaxe. Que estupendo poder aprender tantas cousas do espazo!!
Moitas grazas familia pola colaboración!
Moitas grazas familia pola colaboración!
Ultimo reto da semana
Como sabemos que votades moito de menos os vosos/as compañeiros/as, para rematar esta semana propoñemos que elixades a un compañeiro/a e que fagades unha videollamada con el ou ela. Pode ser unha actividade moi divertida e que nos axude a estar un pouco máis preto dos nosos/ascompañeiros/as!
xoves, 16 de abril de 2020
Tempo de cuarentena
As mestras de infantil quixemos facer este vídeo con algúns traballos que nos estades enviando.
Moitas grazas polo esforzo tan grande que estades a facer dende casa e os traballos tan estupendos que nos enviades.👏👏
Moitas grazas polo esforzo tan grande que estades a facer dende casa e os traballos tan estupendos que nos enviades.👏👏
Decorar ovos de pascua
Aproveitando a pintura que realizamos o día anterior e outros elementos que teñades por casa (rotuladores, goma eva, papel de cores...) animámosvos a pintar ovos. Para iso debedes previamente vacialos, utilizando unha agulla, para despois pasar a decoralo da forma máis orixinal posible! Animádevos a compartir os ovos para comprobar que chulos quedaron!!
mércores, 15 de abril de 2020
Realización de pintura caseira
Para hoxe propoñemos o reto de facer pintura caseira para poder aproveitala para futuras actividades!! Hai mil formas de facela, deixamos un exemplo de cómo se pode facer para pasar un rato divertido en familia!
martes, 14 de abril de 2020
O astronauta Mateo investiga sobre Plutón
Moitas grazas Mateo e familia por este gran traballo!!
Reto Semanal de Pascua
Para esta semana propoñémosvos realizar unha actividade de Pascua: A búsqueda dos ovos. Para os que non tendes ovos de chocolate podedes debuxalos para despois escondelos. Os más pequenos poden buscalos pola casa sen instruccións e para os maiores pode facerse unha yincana con indicacións mediante debuxos. Animádevos! Colgaremos as fotos que nos enviedes para poder compartilo con todos os/as compañeiros/as !
luns, 13 de abril de 2020
Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo
O día 2 de Abril celebrouse o Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo e este ano o lema foi "Puedo aprender. Puedo trabajar".Dende a aula de 5º e 6º de Educación Infantil quisemos participar facendo un molinillo de vento de cor azul para colocar na nosa ventá ou balcón. Moitas grazas as familias por colaborar! Así de chulos quedaron:
BENVIDOS !
Ola familias! As profes de infantil fixemos este blog para poder explicar as tarefas dunha maneira máis sinxela e poder compartir todos os traballos que nos estades a enviar con tanto esforzo!
Benvidos a este blog e moito ánimo!!
Benvidos a este blog e moito ánimo!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)