luns, 27 de abril de 2020

Retos da Semana dos Maios

Ola familias! Empezamos nova semana e con ela propoñemos novos retos. Esta semana vamos adicala aos maios:

RETO 1:


RETO 2:


Xa que estamos na semana dos maios propoñemos facer unha guirnalda de flores. Podedes facela como queirades: con cartulina como na foto, con flores naturais, con material de reciclaxe... Animádevos a contar cantas flores entran na guirnalda!

RETO 3:


Neste reto propoñemos facer series! Poden ser con froita ou con flores ou con ambas. Empezaremos contando cantos elementos temos para realizar a serie; despois facemos agrupacións de iguais e contamos cantos hai de cada grupo; a continuación realizamos a serie; e por último, se na serie había froita, podemos axudar no lavado e cortado da mesma e realizar series con brochetas de froita e... a comer!!

RETO 4:


Para rematar a semana propoñemos facelo cun experimento. Só necesitamos: unha servilleta, un rotulador negro, rotuladores de cores e auga. Dobramos a servilleta e por un lado con rotulador negro debuxamos unha flor (propoñemos flores porque estamos na semana dos maios); coloreamos un pouco e metemos na auga có lado que non ten debuxo hacia arriba e.. maxia!! Neste video está moi ben explicado:



Ademais esta semana ofrecemos a posibilidade de facer FICHAS INTERACTIVAS coa temática da semana!! Animádevos a probar, xa que non necesitades impresora e pódese facer desde un móbil ou unha tablet de forma táctil. Son autocorrexibles, pero podedes mandar os resultados ao noso correo unha vez que lle dades a terminado







Boa semana!! Esperamos as vosas fotos para ver os resultados!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario