sábado, 26 de setembro de 2020

PRIMEIRAS PROPOSTAS NA AULA DE 6º DE E.I.

 Nesta semana realizamos diferentes propostas para ir pouco a pouco collendo rutina despois de tantos meses. Algunhas das actividades que realizamos foron:

Primeiro falamos do que era un retrato e realizaron o seu. Ao día seguinte repetimos os retratos pero esta vez utilizando un espello para axudarnos e tiñan que fixarse ben en todo o que tiñan na súa cara realizando todo tipo de detalles.

Os retratos quedaron así de chulos! Comparamos os dous retratos e a imaxen que teñen debuxando vendose e sen verse é diferente!
Demos a benvida ao outono realizando a silueta dunha folla e falando de todos os elementos que hai nel e os colores que máis destacan nas paisaxes. Como este ano non podemos realizar a saída pola contorna para recoller elementos de outono, algúns nenxs os trouxeron das súas casas. Aproveitamos para realizar agrupacións, conteos, series... e imos utilizalos nas vindeiras semanas para facer máis actividades!
Fixemos unha pequena iniciación ao xogo do dobble para traballar a atención, os xogos de mesa, a concentración...
Tamén tivemos tempo para decorar os nosos tupper e deixalos chulísimos e para facer actividades ao aire libre!







Ningún comentario:

Publicar un comentario