Ola familias! Seguimos coñecendo cousiñas de inverno na aula!! As tres propostas da semana foron:
1. Ruleta de inverno para traballar o vocabulario e a atención.
2. Facer chuvia realizando trazos verticais.
3. Unir os números con elementos de inverno.
Outras actividades que fixemos foron:
Tintar algodón con pipetas e utilizando unha cor de inverno.
Rematamos as nosas manoplas de inverno.
Fixemos Neve! Pasárono xenial manipulando!
Xogamos a unir as nosas fotos co noso nome.
Xogo libre probando algúns elementos novos da aula.
Por último agradecer a familia de Liam o traballo aportado, a través da mochila viaxeira, para o proxecto de centro!! Encantounos o helicóptero!
Que teñades unha boa finde!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario