domingo, 27 de febreiro de 2022

4 anos

 Levamos unha semana de moita troula pero como hai tempiño para todo, aquí ensinamos todo o que fixemos.

1. Copo de neve son sal. Primeiro pegamos sal e despois tinximos a sal con acuarelas.


2.Compoñer o noso nome como se fose un boneco de neve.

3. Xogos de mesa. Levamos desde o inicio de curso adicando un ratiño a semana a xogos de mesa. Tivemos a sorte de poder probar novos xogos que esperamos poder telos prontiño na aula.



4. Crear un arco da vella con botellas de auga.

5. E chegou o Entroido…
































venres, 25 de febreiro de 2022

ENTROIDO EN 3 ANOS

Ola familias!! Desfrutamos moito este primeiro entroido no cole!!! As tres propostas desta semana do entroido foron:
1. Vocabulario de entroido coa ruleta.




2. Unir as partes para formar máscaras.




3. Decoramos o noso retrato de entroido.






Tamén desfrutamos con outras actividades como:
Facerlle o pelo o pallaso utilizando un secador:





Grafismo creativo nun robot.

Colaboramos co centro no día de Rosalía na realización de pétalos con palabras.



Coñecimos personaxes de entroido a través dun conto.


Fixemos unha máscara pintando con globos.


Desfrutamos de rincóns de entroido.




E rematamos a semana facendo unha gran festa.





Agradecer a familia de Leire a participación na mochila viaxeira para o proxecto de centro!


Que pasedes un bo entroido e vémonos o xoves!