xoves, 10 de febreiro de 2022

SEGUIMOS CÓ INVERNO EN 4 ANOS

 Ola familias!!! Seguimos con inverno. Todas as propostas versaron sobre esta estación do ano que está dando moito xogo.

Pero o luns tivemos unha sorpresa na aula. Despois dun fin de semana cos nervos a flor de pel cas nosas Tanxugueiras na aula tiñamos unha sorpresa... unhas pandeiretas.. asi que tocou coñecelas a través das súas cancións e como non tocar un pouco... Aqui houbo foliada.



Despois deste luns intenso o resto da semana fixemos propostas de traballo de psicomotricidade fina (paso previo da lectoescritura) conteo e facer parellas de número e cantidade.










E a sorpresa final... como facer neve!! Unha vez feita a receita toca xogar!









Ningún comentario:

Publicar un comentario