Ola familias!!
Aquí estamos de volta neste tercer trimestre. O curso pasa moi rápido e aínda queda moito facer. As propostas desta semana foron.
1. Figura -sombra. Atopar a figura da sombra principal e tapala cunha pinza (psicomotricidade fina e pinza dixital) .
| 2. Quebracabezas de primavera. Formar a composición tendo en conta que teñen a serie númerica; temos que seguir os números en orden para poder completar a fotografía.
3. Material non estructurado. No recuncho de Arte a proposta semanal eran paus de cores... o principio non sabemos q facer , pero despois imos facendo casas, coches, estradas, a clasificamos por cores, facemoa figuras xeométricas...
4. No recuncho de arte fixemos árbores de primavera estampando as flores con corchos.
5. Utilizamos como técnica de relaxación colorear mandalas.
E por último, chegou o día do libro, unha data na que trouxemos o noso conto favorito ( e tamén apareceron libros dos nosos maiores e as mestras) . Foi un día para compartir, contar, sentir e vivir os contos.
E por esta semana rematamos.
| |
Ningún comentario:
Publicar un comentario