Hoxe Rubén cumpre 4 anos!!!
No cole desfrutamos moito festexando!!
Parabéns Rubén!!! Feliz Vida e por máis Voltas ao Sol festexando xuntos!
Hoxe Rubén cumpre 4 anos!!!
No cole desfrutamos moito festexando!!
Parabéns Rubén!!! Feliz Vida e por máis Voltas ao Sol festexando xuntos!
Ola familias!! Esta semana rematamos coas propostas de outono para a semana próxima dar a benvida ao Nadal!! As tres propostas desta semana foron:
1. Desfrutamos co conto "Artur e Clementina" conmemorando o 25N e realizamos Unha tortuga.
2. Traballamos vocabulario de outono unindo as palabras coa imaxe.
3. Realizamos series de outono.
Ademais convertímonos en pequenos artistas e representamos o cadro "Estudio de color con círculos" de KANDINSKY.
Rematamos a semana comezando coa decoración de Nadal para os corredores.
Agradecer a familia de Alba e Mateo a colaboración coa mocha viaxeira!! Estamos desfrutando moitísimo cós trucos de maxia aportados!!
Que teñades moi boa fin de Semana!!
Ola familias vos deixo os traballiños que imos facendo. Esta semana sobre todo traballamos o outono, xa que son os últimos antes de meternos de cheo no NADAL.
ÁRBORE
Fixemos follas a unha árbore con palitos mollados en témpera. Quedaron xeniais.
MILLO
Nesta actividade desgranamos mazorcas de millo, fixemos camiños...
Na asamblea incorporamos actividades máis complicadas, buscar o seu nome e a inicial.
MAGOS DESTA SEMANA
Calmito estivo o fin de semana pasado na casa de Alexandra. Moi bonitas fotos. Grazas familias.
TRABALLO DA MALETA VIAXEIRA
Na aula de 4 anos seguimos co programa de Educación Responsable!! Nesta ocasión comezamos có banco de ferramentas!! Neste primeiro trimestre traballaremos có desenvolvemento afectivo.
Na primeira actividade visualizamos un vídeo no que aparecía un neno cun comportamento inadecuado. Despois na aula elaboramos entre todxs "Receitas contra o aburrimiento" para evitar ese tipo de conductas!
O 20 de Novembro celébrase o Día da infancia. No colexio, o alumnado de Educación Infantil celebrámolo xogando , como dereito que teñen.
A semana pasada, todo o alumnado do centro, participou na "Ciencia en Galego nas Bibliotecas".
Dende Biblioteca propuxéronnos participar elaborando cada grupo un experimento!! No blogue da Biblio tedes o resultado!!! Desfrutaron moito sendo auténticos científicxs!
http://osigrexinhos.blogspot.com/2022/11/ciencia-en-galego-na-biblioteca.html
Ola familias!!!
Esta semana traballamos moitas cousas: o outono, o seu nome e seguimos repasando o número 1.
Aquí vos deixo algunhas imaxes.
XOGO NÚMERO 1
Sempre ao facer a asamblea cantamos esta canción.
PINTAMOS CHUVIA
O mes de novembro é o mes da ciencia. Fixemos un experimento moi divertido. O globo que se hincha .
OURIZO
Qué bonito este ourizo ao que lle pegamos follas!
BO FIN DE SEMANA!!!