venres, 11 de novembro de 2022

SEMANA DO MAGOSTO EN 4 ANOS

Ola familias!! As tres propostas desta semana foron:

1. Debuxámonos tendo en conta que o noso corpo é unha folla de outono.





2. Elaboramos a palabra castaña.





3. Traballamos o conteo e a grafía dos números con castañas.





Ademais decoramos unha castaña coa que fixemos unha coroa.



Seguimos ampliando rutinas de asamblea,e ahora debuxamos ao responsable da asamblea.


Desfrutamos co seguinte conto e realizamos un monstruo soprando.







Agradecer a familia de Rodrigo a aportación a través da mochila viaxeira!!! Encantounos coñecer que podemos facer trucos coas cartas.


E por último, dar as grazas a todas as familias que puidechedes asistir hoxe a festexar o magosto!! Grazas pola participación e pola axuda prestada!!! Desfrutade da fin de semana!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario