sábado, 21 de xaneiro de 2023

XANEIRO EN 4 ANOS

Ola familias!! As tres propostas desta semana foron:

1. Elaborar o noso nome na mesa de luz e o dun compañeiro ou compañeira.




2. Agrupar os copos que son iguais.





3. Desfrutamos pintando un folio con cores do inverno para despois realizar grafismos nel.





Otras actividades que realizamos...

Coñecimos que hai diferentes tipos de animais e que algúns viven en zonas onde fai moito frío. Aproveitamos para estrenar a nosa nova bandexa de experimentación.



Xogamos a un xogo que lles gustou moito! No que tiraban o dado e colocaban a cor que correspondía pero con moito coidado de non tirar nada!!


Cada vez imos aumentando máis a autonomía!! E comezan a recoller e limpar o que se manchou de forma autónoma.



Fixemos maxia invernal!!





E cada vez xestionanse con máis autonomía nos rincóns!! Mentres un grupo realiza a proposta que lle toca o resto desfruta de tempo de rincón de forma autónoma!!


E por último agradecer a familia de Marco a implicación coa mochila viaxeira sobre o proxecto de centro!!! Gustounos moito a súa obra de arte sobre a maxia!!


Que teñades unha boa fin de semana!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario