Ola familias!!! Esta semana seguimos inmersos no proxecto de centro e coñecendo un pouco máis a estación do ano na que nos atopamos! As tres propostas da semana foron:
1. Coñecimos as partes do mago, para poder comezar coa elaboración do disfraz.
2. Realizamos crebacabezas de bonecos de Neve. Tiñamos que estar moi atentos e fixarnos en todos os aspectos do boneco!
3. Grafismos de inverno.
Traballamos na aula o DIA DA NON VIOLENCIA E DA PAZ. Coñecimos a importancia de non pelexar e saber resolver os conflictos!! Por iso visualizamos un corto e convertímonos en magos pola paz!! Coas nosas chisteiras de magos e magas podemos resolver todos os conflictos!
Desfrutamos dun XOGO EN GRUPO que pasará a formar parte dos nosos rincóns.
Elaboramos animais con plantillas e PLASTILINA.
Fixemos unhas estupendas OBRAS DE ARTE INVERNAIS a través da visualización dun cadro.
TEMPO DE CONTO. Contamos o conto "O Grúfalo" pero sen mirar cómo era o animal que describían no conto. Despois no papel plasmamos cómo o imaxinamos cada un de nós.
Comezamos a subir a BIBLIOTECA para desfrutar có material que alí temos: contos, pezas de construcción...
Como todas as semanas, desfrutamos de tempo de RINCÓNS.
E por último, agradecer a familia de Airán e Demian a colaboración coa mochila viaxeira! Desfrutamos moito cós seus trucos de maxia!!
Que teñades unha boa fin de semana!
Ningún comentario:
Publicar un comentario