Ola familias! As tres propostas desta semana foron:
1. Sumas manipulativas e conteo primaveral.
2. Tarxetas de vogais indicando que elementos empezan por esa vogal.
3. Flores primaverais estampando con papeis e decoración posterior.
Esta semana con tantas visitas e aniversarios só tivemos tempo para...
Comezar a preparar a nosa colaboración na revista do centro.
Recibimos unha visita especial coa que disfrutamos dun conto que narraba a historia dun neno que estaba maliño e estivo moito tempo no hospital! Animámonos a realizar debuxos para facer chegar ao hospital para animar aos nenos que están ingresados.
E cando o tempo nos deixou... Fixemos moito xogo ao aire libre!
Que teñades unha boa finde longa e vémonos o martes!