sábado, 22 de abril de 2023

SEMANA CORTIÑA EN 4 ANOS

 Ola familias! As tres propostas para esta semana cortina foron:

1. Atopar letras na mesa de experimentación e colócalas no seu lugar.





2. Realizamos números con plastilina e os ordeamos.




3. Simetría dunha flor.





Ademais tamén fixemos...

OBRADOIRO DE RELAXACIÓN. No que elaboramos pelotas de arroz que nos axudan a relaxarnos.



Coa profe Mónica fixemos unha XINCANA DE LECTOESCRITURA. Na cal en pequenos grupos fomos rotando para realizar diferentes actividades. Divertíronse moito.






Cando non facía moita calor, realizamos ACTIVIDADES NO EXTERIOR. Xogamos a tirar o dado e a elaborar tantos pétalos como nos indicaba.


Neste terceiro trimestre seguimos realizando actividades do PROGRAMA EDUCACIÓN RESPONSABLE.


Fixemos un XOGO DE LECTOESCRITURA en grupo.


E desfrutamos da SEMANA DO LIBRO a través de contos en diferentes formatos! Tamén colaboramos en actividades de centro e a próxima semana seguiremos rematando cousiñas pendentes.


Que teñades unha boa fin de semana!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario