Hoxe o alumnado de infantil fomos a Redondela aos títeres a ver a obra "Trapito Viajero" da compañía La Gotera de Lazotea.
Xuntos descubrimos a historia de Mara e o apego polo seu trapiño e a viaxe que este último fixo para poder reencontrarse!! Todo isto acompañado de música nos fixo desfrutar moito!!
Aproveitamos a viaxe para coñecer monumentos e edificios importantes en Redondela: o concello, Castelao.... E acompañamos este fantástico día merendando ao aire libre e visitando o parque e os patos do río!!
Sen dúbida foi un gran día!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario