luns, 11 de outubro de 2021

OUTONO EN 4 ANOS

 Propostiñas de outono que van xurdindo día a día na nosa aula a través dos intereses dos nenos!!











A AULA DE 4 ANOS XA ESTA "A TODA MÁQUINA"

A aula de 4 anos xa está "a toda máquina"!! Aquí tedes unha mostra das propostas e rutinas que levamos a cabo a volta das vacacións de verán!!








sábado, 9 de outubro de 2021

PRIMEIRAS PROPOSTAS EN 3 ANOS

Ola familias!!! Outra semana máis seguimos desfrutando no cole!! Esta semana animámonos a facer as seguintes propostas:

1. Comezamos a traballar cos nosos nomes colocando cada letra no seu lugar:



2. Clasificación de animais por cores utilizando as pinzas!! Está actividade gustoulles moito e foi todo un reto non tocar os animais coas mans!


3. Puzzles do outono!!! No que tiñan que intentar unir dúas pezas para descubrir elementos de outono!!!


Aproveitamos para seguir decorando as ventás da aula!! Utilizamos a técnica do punteado con témpera e bastoncillos e despois picamos as nosas follas otoñais!! Quedaron moi chulas decoradas coas cores de outono!!




Fixemos un xogo de números que nos gustou moito e que o utilizaremos nos rincóns!!



Cada día estamos máis adaptados e comezamos a xogar nos diferentes rincóns da aula!!



Que teñades unha boa finde longa!!! E vémonos o mércores!!

sábado, 2 de outubro de 2021

PRIMEIROS DIAS EN 3 ANOS

Ola familias! 

Esta semana seguimos traballando moito as rutinas e comezamos a presentar algunha proposta.

- Creamos a nosa àrbore de outono de forma libre e coñecimos as cores de outono!! Gustounos moito manchar as mans de témpera!! 




- Descubrimos o millo e debullamos:


- Utilizamos o millo para traballar a motricidade fina! Con moito coidado tiñamos que colócalo nas liñas que estaban nas láminas! 


Ademais comezamos coa decoración das ventás!! Nas que fixemos unhas folliñas de outono utilizando as nosas mans!!


Seguimos introducindo rutinas na asamblea!!! Pasamos lista todos os días e facemos reconto e vemos o tempo que fai! Esta semana tamen contamos cantos días de sol, chuvia... houbo no mes de setembro!!


Pasiño a pasiño imos alcanzando grandes logros que iremos mostrando!!

martes, 28 de setembro de 2021

PERIODO DE ADAPTACIÓN 3 ANOS

Na clase de 3 anos xa rematamos o periodo de adaptación e xa estamos perfectamente adaptados ao novo cole!! Pasámolo moi ben este mes de setembro coñecendo novxs amigxs! E seguimos traballando rutinas, normas e autonomía!! 









luns, 27 de setembro de 2021

ANIVERSARIO MATEO

Onte Mateo cumpriu tres anos e hoxe festexamos o seu primero aniversario na escola!!
Foi a primeira celebración que tivemos na aula de 3 anos e estábamos moi emocionados!!!

Parabéns Mateo!!!



venres, 10 de setembro de 2021

CUMPREANOS LUÍS

 Ola familias:

Xa estamos de volta e comezamos cós cumpreanos. Este venres celebramos na clase de 5 anos o cumpreanos de Luís. Pasámolo moi ben. A divertirse!!! 🍰🎈🎈🎈



mércores, 8 de setembro de 2021

BENVID@S!!

Comezamos un novo curso coñecendo os novos peques de infantil, dando a benvida os que xa non son tan peques e disfrutando do último curso dos maiores de infantil!!

BENVID@S a tod@s a este novo curso no que despegamos con moitas ganas e ilusión!!