sábado, 9 de outubro de 2021

PRIMEIRAS PROPOSTAS EN 3 ANOS

Ola familias!!! Outra semana máis seguimos desfrutando no cole!! Esta semana animámonos a facer as seguintes propostas:

1. Comezamos a traballar cos nosos nomes colocando cada letra no seu lugar:



2. Clasificación de animais por cores utilizando as pinzas!! Está actividade gustoulles moito e foi todo un reto non tocar os animais coas mans!


3. Puzzles do outono!!! No que tiñan que intentar unir dúas pezas para descubrir elementos de outono!!!


Aproveitamos para seguir decorando as ventás da aula!! Utilizamos a técnica do punteado con témpera e bastoncillos e despois picamos as nosas follas otoñais!! Quedaron moi chulas decoradas coas cores de outono!!




Fixemos un xogo de números que nos gustou moito e que o utilizaremos nos rincóns!!



Cada día estamos máis adaptados e comezamos a xogar nos diferentes rincóns da aula!!



Que teñades unha boa finde longa!!! E vémonos o mércores!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario