sábado, 10 de decembro de 2022

SEMANA CORTIÑA EN 4 ANOS

Ola familias!! Esta semana cortiña adicámola a realizar as tres propostas semanais e a resolver os retos que deixou o noso elfo! As tres propostas foron:

1. Grafismo de Nadal.





2. Formar palabras de Nadal con galletas e metelas no tarro.





3. Conteo de árbores de Nadal.




Fixemos decoración de Nadal para as fiestras.

E realizamos os retos que nos deixou o elfo que foron:
1. Realizar Unha postal de Nadal.

2. Escribir a carta que recollerá a Coca Simona.


3. Facer un adorno de Nadal.


Agradecer a familia de Saúl a colaboración para o proxecto da mochila viaxeira!! Encantounos coñecer os indispensables para un mago!!


Desfrutade da fin de semana!!

mércores, 7 de decembro de 2022

ANIVERSARIO RODRIGO

Hoxe Rodrigo cumpre 4 anos!!! E festexamos, coma sempre, o seu aniversario na aula!!

Parabéns Rodrigo!! Feliz Vida e por moitas máis voltas ao Sol festexando xuntos!!



sábado, 3 de decembro de 2022

A clase de 3 anos

 Ola familias, antes de mostrarvos algunha actividade de Nadal que xa estamos comezando, deixovos actividades do círculo que estivemos facendo e tamén sobre a inicial do nome, etc... Espero vos gusten.

TRABALLAMOS CO NOME

Levo tempo traballando coa inicial do nome e o nome.



PEGAMOS FOLLAS NUNHA ÁRBORE




PROPOSTAS DO CÍRCULO




PRIMER TRABALLO CON ACUARELA


O NÚMERO 1
Algunha proposta do número 1










TRABALLOS DO PROXECTO

Grazas familias polos traballos da maleta viaxeira.


CALMITO VISITA A ENZO

Calmito foi a casa de Enzo e disfrutou moito.😄


ATA A PRÓXIMA

venres, 2 de decembro de 2022

COMEZAMOS DECEMBRO EN 4 ANOS

Ola familias! Comezamos o mes de decembro con moita ilusión, moitas sorpresas e facendo cousiñas de Nadal!

As tres propostas da semana foron:

1. Xogo de atención cociñando galletas navideñas.




2. Unimos cada calcetín coa inicial do vocabulario.



3. Decoramos a árbore de Nadal tendo en conta os números.




Ademais tamén....


Fixemos un xogo de vogais na pizarra digital.

OBRADOIRO DE LUZ NEGRA. No que pintamos sobre papel de aluminio ao ritmo da música.



Realizamos un Xogo de números en grupo.




DECORAMOS o corredor 

E.. TIVEMOS UNHA GRAN SORPRESA!!! Que nos fixo moita ilusión!!! Apareceu na nosa aula un elfo máxico acompañado dun conto e cun calendario de retos navideños! 
Cada día realizaremos o reto que nos propón e ademais Temos que Ter moito coidado con el porque pola noite adícase a facer trastadas!! É comprendimos que é moi importante non tócalo porque senon perde a súa maxia.

O segundo reto que o elfo nos propuxo foi facer unhas ceras navideñas aproveitando ceras que non usábamos e que tiñamos na aula!! E.. puxémonos mans a obra!!


Ademais, o día 3 de decembro conmemórase o día das persoas con diversidade funcional! Na aula quixemos experimentar que senten as persoas que non teñen visión! 

Por último, agradecer a familia de Asier o traballo realizado coa mochila viaxeira!! Encantounos realizar coa bruxa unha pocema máxica!

Que teñades unha boa fin de semana!!