venres, 2 de decembro de 2022

COMEZAMOS DECEMBRO EN 4 ANOS

Ola familias! Comezamos o mes de decembro con moita ilusión, moitas sorpresas e facendo cousiñas de Nadal!

As tres propostas da semana foron:

1. Xogo de atención cociñando galletas navideñas.




2. Unimos cada calcetín coa inicial do vocabulario.



3. Decoramos a árbore de Nadal tendo en conta os números.




Ademais tamén....


Fixemos un xogo de vogais na pizarra digital.

OBRADOIRO DE LUZ NEGRA. No que pintamos sobre papel de aluminio ao ritmo da música.



Realizamos un Xogo de números en grupo.




DECORAMOS o corredor 

E.. TIVEMOS UNHA GRAN SORPRESA!!! Que nos fixo moita ilusión!!! Apareceu na nosa aula un elfo máxico acompañado dun conto e cun calendario de retos navideños! 
Cada día realizaremos o reto que nos propón e ademais Temos que Ter moito coidado con el porque pola noite adícase a facer trastadas!! É comprendimos que é moi importante non tócalo porque senon perde a súa maxia.

O segundo reto que o elfo nos propuxo foi facer unhas ceras navideñas aproveitando ceras que non usábamos e que tiñamos na aula!! E.. puxémonos mans a obra!!


Ademais, o día 3 de decembro conmemórase o día das persoas con diversidade funcional! Na aula quixemos experimentar que senten as persoas que non teñen visión! 

Por último, agradecer a familia de Asier o traballo realizado coa mochila viaxeira!! Encantounos realizar coa bruxa unha pocema máxica!

Que teñades unha boa fin de semana!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario