sábado, 21 de xaneiro de 2023

A CLASE DE 3 ANOS

 Ola familias. Xa estamos de cheo metidos en xaneiro, seguimos traballando e aprendendo moitas cousas.

Deixovos algunhas actividades.

TEXTURAS.

Con los ojos tapados tenían que reconocer algunas texturas.


PEIXIÑOS
Unha mestra do cole trouxo uns peixiños e deixounos darlles de comer.





ENCARGADOS
Esta semana os encargados puxeron uns complementos de Harry Potter😀


NEVE ARTIFICIAL
Fixemos neve artificial con bicarbonato e montamos unha paisaxe invernal.







NOME
Seguimos traballando o nome para facelo cada día mellor.


COPO DE NEVE
Coloreamos un copo de neve meténdoo na auga de cor azul. Aproveitámoos para decorar as fiestras cuns pingüinos e cos copos.



CALMITO
Calmito estivo tamén na casa de Xoel e de Lois.



BO FIN DE SEMANA


XANEIRO EN 4 ANOS

Ola familias!! As tres propostas desta semana foron:

1. Elaborar o noso nome na mesa de luz e o dun compañeiro ou compañeira.




2. Agrupar os copos que son iguais.





3. Desfrutamos pintando un folio con cores do inverno para despois realizar grafismos nel.





Otras actividades que realizamos...

Coñecimos que hai diferentes tipos de animais e que algúns viven en zonas onde fai moito frío. Aproveitamos para estrenar a nosa nova bandexa de experimentación.



Xogamos a un xogo que lles gustou moito! No que tiraban o dado e colocaban a cor que correspondía pero con moito coidado de non tirar nada!!


Cada vez imos aumentando máis a autonomía!! E comezan a recoller e limpar o que se manchou de forma autónoma.



Fixemos maxia invernal!!





E cada vez xestionanse con máis autonomía nos rincóns!! Mentres un grupo realiza a proposta que lle toca o resto desfruta de tempo de rincón de forma autónoma!!


E por último agradecer a familia de Marco a implicación coa mochila viaxeira sobre o proxecto de centro!!! Gustounos moito a súa obra de arte sobre a maxia!!


Que teñades unha boa fin de semana!!

venres, 13 de xaneiro de 2023

PRIMEIRA SEMANA DO ANO EN 4 ANOS

Ola familias!! Xa estamos de volta coas pilas cargadas e desfrutando moito da nosa primeira semana do ano xuntxs!

As tres propostas da semana foron:

1. Conteo con pingüins.





2. Adivinar cal é a palabra correcta de invierno.





3. Practicamos a facer copos de Neve.




Cando chegamos o primeiro día tiñamos unha sorpresa agardando! Había unhas pegadas no chan da aula que nos levaban a uns agasallos!




Practicamos trazos de cores.


Demoslle a benvida o inverno realizando arte seguindo o ritmo da música 


Fixemos Neve.


Xogamos a un Xogo de letras e motricidade.


E desfrutamos moito nos rincóns.






Que teñades unha boa fin de semana!!

ESTAMOS DE VOLTA 3 ANOS

 Ola familias, outra vez comezamos, xa o segundo trimestre.

Deixovos algunhas actividades, xa imos vendo algo da nova estación, o inverno.

REGALO DE REIS

Os Reis Magos deixáronnos uns regalos para a clase.


ROBOT DOC

Xogamos co noso robot doc, axiña aprenderon o seu funcionamento.


MURAL DE INVERNO

Fixemos un mural utilizando colores de inverno. 





O resultado final.

TALLER DE COCIÑA

Fixemos un boneco de neve moi sinxelo, galletas, nata, lacasitos...
Quedaron xeniais!!


EXPERIMENTAMOS
Colocamos auga nunha bandexa con colorante, o metimos no conxelador e ao día seguinte   tiñamos xeo.



NADA MÁIS: BO FIN DE SEMAMA!!!


mércores, 11 de xaneiro de 2023

ANIVERSARIO DE SAÚL

Hoxe tivemos o noso primeiro aniversario do ano!! Saúl cumpre 5 anos!! Na aula pasamolo moi ben facendo unha pequena celebración.

Parabéns Saúl!! Feliz Vida e por máis Voltas ao Sol festexando xuntos!!




luns, 9 de xaneiro de 2023

CUMPREANOS DE XOEL

 Hoxe celebramos na clase de 3 anos o cumpreanos de Xoel, foi o primeiro en cumprir 4 aniños. 

Moitas felicidades.🍰🍬🍭