domingo, 31 de maio de 2020

Fotos das actividades da semana

Ola Familias!! Outra semana máis damos as grazas por compartir con nós o que facedes na casa cós pequenos!! Disfrutade do vídeo e bo domingo!


luns, 25 de maio de 2020

Retos da semana

Ola familias!! Outra semana máis, propoñemos os seguintes retos!! Disfrutade moito con eles e boa semana!

RETO 1

RETO 2:


RETO 3:




RETO 4:




RETO 5:


E o conto a traballar esta semana nas fichas interactivas é "Elmer"!! Deixamos o conto para que o poidades escoitar e adxuntamos as fichas interactivas!!






domingo, 24 de maio de 2020

Traballos da semana

Ola familias:
Como sempre temos que felicitaros polos traballos tan estupendos que nos enviades.
Grazas de novo por participar nos retos.


xoves, 21 de maio de 2020

Parabéns Nerea !!

Hoxe estamos de celebración, xa que está de aniversario Nere!!! Parabéns!! Esperamos disfrutes moito do teu día!! Escoitando a canción das nosas celebracións de cumpreanos esperamos te sintas un pouco máis preto de nós!!







luns, 18 de maio de 2020

Novos retos semanais

Bos días familias:
Outra nova semana !!!!, aquí enviamos os novos retos para que disfrutedes moito con eles. Esperamos vos gusten.





Aquí deixo o enlace para os xogos interactivos relacionados coas letras galegas.







Podedes ver este vídeo como axuda. A ver como sae.😀







Tamén deixamos as fichas interactivas para esta semana!! Esta nova semana toca traballar o conto "A que sabe a Lúa?" Animádevos a escoitar o conto e a facer as fichas interactivas:









Que teñades unha boa semana!!!

domingo, 17 de maio de 2020

Fotos dos retos da semana

Compartimos con vós todas as fotos que recibimos nesta semana!! Moitas grazas por facer o esforzo de colaborar e Feliz Día Das Letras Galegas!!!







venres, 15 de maio de 2020

DÍA DA FAMILIA

Hoxe celébrase o "Día da familia". Podedes aproveitar para facer algunha actividade en familia.
Mandamos algunhas ideas. Grazas.





luns, 11 de maio de 2020

Retos da Semana

Ola familias! Para esta semana propoñemos os seguintes retos e esperamos disfrutedes con eles!! Que teñades unha boa semana!

RETO 1



Se queredes facer un rexistro de cómo evoluciona có paso dos días, deixamos un exemplo de rexistro:






RETO 2:


Deixamos una rima de Tamara Chubarovsky por se queredes utilizala mentres cociñades


RETO 3:


RETO 4:


Podedes ver o video de cómo se fai que deixamos a continuación. Antes de realizar o experimento, podedes preguntarlle que creen que pasará e unha vez realizado que conten o que realmente pasou.



RETO 5:




Ademais dos retos, adxuntamos as fichas interactivas que esta semana están relacionadas có conto "O Monstro de Cores". Antes de facelas podedes disfrutar escoitando e lendo o conto ou cantando a canción.













domingo, 10 de maio de 2020

Retos semanais

Ola familias! Aquí deixamos as fotos das actividades que nos enviastes. Os traballos preciosos e moi laboriosos. Grazas por adicar tanto tempo aos retos que propoñemos.




Cumpreanos de Anahí

Hoxe Anahí cumpre 4 anos. Queremos desexarlle un día moi feliz. Esperamos que o pase xenial!!!🎂🍰🎈🎈





sábado, 9 de maio de 2020

Maratón das letras galegas.

Xa que este ano non hai maratón das letras galegas, propónse unha actividade entre centros.



venres, 8 de maio de 2020

O astronauta Iker investiga sobre a Lúa

O astronauta Iker viaxou o espazo para descubrir moitas cousas interesantes sobre a Lúa!! Mirade cantas cousas aprendeu e quere compartir con nós!


Moitas grazas familia pola colaboración!!

xoves, 7 de maio de 2020

Recordatorio da proposta de Música

Ola familias!! Recordamos a proposta feita dende música para o Día das Letras Galegas de gravarse cantando a canción "Verdescente" de Uxía Lambona. É unha proposta que realizarán varios centros e recordamos o que tendes que facer os que queirades participar:

1. Gravarse cantando a canción, a quen lle resulte complicado a canción enteira pode ser un fragmento.
2. Mandar o video a dirección de correo de música: igrexachapelamusica@gmail.com

Con todos os videos que se reciban farase unha montaxe, polo que é importante que se envíen antes do 14 de maio. Para máis información consultade o blogue de música: https://msicaearte.blogspot.com/

Deixamos o video da canción e no blogue de música podedes ver a letra e a base musical para poder facer o vídeo:


Animádevos a participar!!



mércores, 6 de maio de 2020

luns, 4 de maio de 2020

Retos da semana espacial.

Ola familias!!!! esta semana traballamos o espazo, como sempre propoñemos uns retos que esperamos vos gusten. Feliz semana !!!!




Imos crear PLASTILINA CASEIRA. 
 Deixamos un vídeo para que vos sirva de axuda.

                                          










A bailar con cantajuegos, "O BAILE DO RECICLAXE".

                                       





Cráteres na Lúa.

Materiais:
4 tazas de fariña.
Media taza de aceite corporal de bebé.
Piedriñas
Moldes para facer biscoitos.
Pasos:
Mistura primeiro os ingredientes secos e logo mistura lentamente co aceite infantil ata deixar a consistencia adecuada. Fai que os nen@s tiren as pedriñas dende diferentes alturas.
Unha vez feito isto retirar as pedriñas para ver como formáronse os cráteres na vosa lúa caseira.
                                  
                                    




Propoñemos tamén máis fichas interactivas. Espero vos gusten. Recordade que si queredes enviar os resultados só tendes que darlle a terminado e compartir metendo a nosa dirección de correo.



domingo, 3 de maio de 2020

Fotos recibidas da semana dos maios

Aquí vos deixamos as fotos de todo o traballo realizado durante esta semana dos maios! Esperamos que os/as pequenos/as disfrutaran moito na súa realización! Moitas grazas pola vosa colaboración e pasade un bo día!






Adivina cuanto te quiero

Hoxe queremos felicitar a todas as nais. Sei que sempre estades ahí para os vosos fill@s. Un forte abrazo e pasádeo moi ben.


xoves, 30 de abril de 2020

O astronauta Nicolás visita Saturno

Seguimos coas investigacións e esta semana tócalle o turno o astronauta Nico, que viaxa ao espazo para coñecer un pouco mellor cómo é o planeta Saturno! Mirade cantas cousas nos ensina sobre este planeta!!



Moitas grazas familia pola colaboración!!!


mércores, 29 de abril de 2020

Felicidades Daniela!!!

Felicidades para DANIELA que hoxe cumpre 4 anos. Mandamos un bico moi grande e que o pase moi ben.  🎈🎈🎉🍰 Aquí deixo unhas cancións.










Quero tamén mandar unha felicitación a ENZO, que cumpríu en marzo cando aún no tiñamos o blog. Deixolle tamén unhas cancións.









martes, 28 de abril de 2020

Parabéns Marco e Bruno

Hoxe estamos de celebración!!!! Marco e Bruno están de aniversario e cumpren 5 anos!! Parabéns e a cumprir moitos máis!! Como non podemos celebralo todos xuntos, farémolo dende a distancia coas cancións que escoitábamos ese día en honor aos que cumprían anos!





  






Disfrutade moito do voso día e esperamos poder festaxalo todos xuntos moi pronto!!


luns, 27 de abril de 2020

Retos da Semana dos Maios

Ola familias! Empezamos nova semana e con ela propoñemos novos retos. Esta semana vamos adicala aos maios:

RETO 1:


RETO 2:


Xa que estamos na semana dos maios propoñemos facer unha guirnalda de flores. Podedes facela como queirades: con cartulina como na foto, con flores naturais, con material de reciclaxe... Animádevos a contar cantas flores entran na guirnalda!

RETO 3:


Neste reto propoñemos facer series! Poden ser con froita ou con flores ou con ambas. Empezaremos contando cantos elementos temos para realizar a serie; despois facemos agrupacións de iguais e contamos cantos hai de cada grupo; a continuación realizamos a serie; e por último, se na serie había froita, podemos axudar no lavado e cortado da mesma e realizar series con brochetas de froita e... a comer!!

RETO 4:


Para rematar a semana propoñemos facelo cun experimento. Só necesitamos: unha servilleta, un rotulador negro, rotuladores de cores e auga. Dobramos a servilleta e por un lado con rotulador negro debuxamos unha flor (propoñemos flores porque estamos na semana dos maios); coloreamos un pouco e metemos na auga có lado que non ten debuxo hacia arriba e.. maxia!! Neste video está moi ben explicado:



Ademais esta semana ofrecemos a posibilidade de facer FICHAS INTERACTIVAS coa temática da semana!! Animádevos a probar, xa que non necesitades impresora e pódese facer desde un móbil ou unha tablet de forma táctil. Son autocorrexibles, pero podedes mandar os resultados ao noso correo unha vez que lle dades a terminado







Boa semana!! Esperamos as vosas fotos para ver os resultados!!

domingo, 26 de abril de 2020

Actividades da semana

Grazas por todo o traballo que facedes cada semana. Deixovos un vídeo de todo o voso traballo dende a casa.



Foto dende casa

O equipo de Normalización Lingüística pide a nosa colaboración. Necesitan unha foto do alumnado dende a casa realizando calquera actividade. Esta foto a precisamos antes do  martes. As que se reciban despois desta data non se utilizarán. Dalgúns nen@s temos moitas fotos, pero hai moitos  que nunca mandaron ningunha. Grazas familias.


xoves, 23 de abril de 2020

Quedemos na casiña!!!!

Animádevos a escoitar esta canción. 👏👏👏


Día do Libro

Todos os anos, o 23 de abril celebramos o Día do Libro! Recomendamos que hoxe estedes atentos ao blog do cole, para descubrir a sorpresiña que temos preparada con todas as fotos dos libros que recibimos! Mentres tanto deixamos unhas adiviñas para quen queira pasar un rato divertido... Quen se atreve a xogar e adiviñar de que contos se trata?


Feliz día do libro!

mércores, 22 de abril de 2020

A astronauta Ainara investiga sobre a Terra

A seguinte en viaxar o espazo foi a astronauta Ainara. Alí descubriu moitas cousas sobre o planeta Terra, que é no que vivimos! Mirade cantas cousas interesantes podemos aprender sobre o noso planeta!!Sobretodo nun día como hoxe que é o Día da Terra!



Moitas grazas familia pola colaboración!!

DÍA DA TERRA

Hoxe celébrase en todo o mundo o "DÍA DA TERRA".



Propoñemos unha manualidade. FELIZ DÍA!!!

                                     
                                     http://www.dltk-ninos.com/festivos/tierra/huella.htm

Tamén vos deixamos unha canción para celebrar este día e varios episodios da Día da Terra de Peppa Pig!




martes, 21 de abril de 2020

Retos da semana do libro

Nesta semana propoñemos os seguintes retos; mandámosvos todos xuntos para que  vos organicedes. Moitas grazas e animádevos a mandar fotos.

Antes de facer o experimento podedes preguntar aos nen@s que creen que pode pasar cando se bote a auga.







               Este reto consiste en emparellar calcetíns e ordenalos.
               Podedes aproveitar a actividade para agrupar por cores, contar os pares, número de  calcetíns...



Hoxe é o día do libro, mandámosvos estes  contos e animávosvos a que debuxedes a quen vos gustaría abrazar agora ou despois do confinamento. Facede un debuxo ou contalo por escrito.






                                 






O reto de hoxe consiste en facer unha coroa de marciano, relacionada có proxecto de centro. Aquí mostrámosvos unha idea, pero podedes usar a vosa imaxinación como queirades.









luns, 20 de abril de 2020

O astronauta Sergio investiga sobre o Sol

A seguinte investigación é a de Sergio!! Viaxou ao espazo e descubriu moitisimas cousas do Sol que nos explica no seguinte video!! Mirade cantos datos interesantes aprendeu sobre o Sol!



Moitas grazas familia por todo o esforzo e colaboración!!

Día do libro

O xoves é o "Día do libro". Dende biblioteca farase un montaxe moi especial. De ahí a vosa colaboración.


Actividades feitas nesta última semana !

Non sabedes a ilusión que nos fixo recibir as imaxes de todo o traballo que estades a facer cós peques! Aquí deixamos unha mostra de todo o realizado! Moitas grazas Enzo, Edahi, Sofía, Iván, Nora, Lois, Anahi, Leire, Luis, Valentina, Nerea, Nico, Marco, Mateo e Bruno! Seguide traballando así!















Ademais, esa semana Mateo e a súa familia fixeron area caseira e pasáronno tan ben que nolo recomendan! Neste documento está todo moi ben explicado:
Que teñades unha boa semana!!