luns, 25 de abril de 2022

4 ANOS

 Ola familias!! 


Aquí estamos de volta neste tercer trimestre. O curso pasa moi rápido e aínda queda moito facer. As propostas desta semana foron.

1. Figura -sombra. Atopar a figura da sombra principal e tapala cunha pinza (psicomotricidade fina e pinza dixital) . 


sábado, 23 de abril de 2022

VOLTA DAS VACACIÓNS EN 3 ANOS

Ola familias!! Seguimos aprendendo cousiñas sobre a primavera e os medios de transporte!! Polo que as tres propostas desta semana cortiña foron:
1. Arte con círculos.



2. Compoñemos o noso nome e... Sorpresa!! Aparece o noso retrato!!!



3. Puzzles sobre os medios de transporte.




Tamén adicamos tempo a...

XOGOS DE MESA

GRAFISMO. Pegamos catro gomets e realizamos soles de primavera.


RELAXACIÓN. Coas botellas que elaboramos da calma .

RINCÓNS.



DÍA DO LIBRO. Traballamos co conto "A que sabe a Lúa?" Atentos que pronto publicaremos vídeo na página web do cole!! Deixo un adelanto.






Boa finde e vémonos o martes!!!

xoves, 21 de abril de 2022

SESIÓN DE IOGA E MINDFULNESS EN 4 ANOS

 Ola familias! Todas as semanas adicamos un ratiño a relaxación e atención plena. Nestas sesións intentamos ser conscientes da importancia da respiración para controlar o noso corpo; e en especial nos estados de enfado e rabia.

Aquí tendes unha pequena mostra do que facemos na clase.

mércores, 20 de abril de 2022

SESIÓN DE RADIO EN 4 ANOS

 Fai uns días tivemos a nosa primeira experiencia na radio escolar que temos no cole. Cheos de ledicia e moita sorpresa queriamos saber cómo funciona unha radio... Postos ao día do seu funcionamento puxemos os cascos, collemos os micros e a gravar... Aquí tedes o resultado.

https://go.ivoox.com/rf/84956869

¡Te recomiendo que escuches este episodio de iVoox! Alumn@s de 5º de educación infantil.

PRIMAVERA EN 4 ANOS

 Chegou a primavera... as nosas propostas tiveron como protagonista as flores que foron aportadas polas familias.








Creamos na aula un espazo de primavera de xogo libre.



As propostas de equipo foron as seguintes:

1. Recoñecemento de flores. Facer parellas.


2. Conteo e recoñecemento das bolboretas.


3. Vocabulario do conto "Pepiña Maruxiña"



4. Crear flores de plastilina


5. Traballo da serie numérica co noso amigo escornabot

6. Completar simetrías.


7. Recoñecemento de sombras.


8. Decoración de ovos de pascua.



Coa chegada desta estación e o tempo permite máis tempo no exterior, comezamos a facer asambleas no patio da escola.


E por último, preparamos a chegada do noso moi esperado amigo o coello de pascua.


Boa semana!