xoves, 16 de febreiro de 2023

mércores, 15 de febreiro de 2023

domingo, 12 de febreiro de 2023

4 ANOS

Ola familias!! As tres propostas desta semana foron:

1. Atopar imaxes máxicas coa luz, recortalas e pegalas.





2. Ordear os bonecos de neve e agrupar e función do número.





3. Completar a serie invernal.





Ademais de estar inmersos no noso disfrace do entroido tamén tivemos tempo para:

Realizar un OBRADOIRO DE HERVÉ TULLET. No que elaboramos unha riquísima ensalada de círculos.


Contamos o CONTO "¿A quién le gusta ir en sombrero?" E elaboramos o noso propio sombreiro.


Experimentamos con ESPUMA e elaboramos números e letras!! Pasamolo tan ben que tivemos tempo de xogar e elaborar obras de arte!!



E desfrutamos moito nas nosas mesas e bandexas de EXPERIMENTACIÓN.



Agradecer a colaboración da familia de Carla na mochila viaxeira!! Encantounos descubrir o mago Mickey e coñecer unha pequena historia máxica!!

domingo, 5 de febreiro de 2023

A clase de Marga

 Ola familias. Esta semana traballamos moito. Diferentes propostas relacionadas có inverno. 

Espero vos guste todo o traballo que facemos. Un saúdo.

PROPOSTAS 


DÍA DA PAZ

quedaron as nosas pombiñas da paz.


PINTAR CON XEO

O venres pintamos con cubitos de xeo, o xoves os preparamos e os metimos no conxelador. 


PAISAXE INVERNAL

Fixeron de maneira libre unha paisaxe de inverno con témperas, logo añadimos un pouquiño de sal, como se fora a neve. Quedaron moi xeitosos.


DEICA OUTRA


sábado, 4 de febreiro de 2023

COMEZAMOS FEBREIRO EN 4 ANOS

Ola familias!!! Esta semana seguimos inmersos no proxecto de centro e coñecendo un pouco máis a estación do ano na que nos atopamos! As tres propostas da semana foron:

1. Coñecimos as partes do mago, para poder comezar coa elaboración do disfraz.






2. Realizamos crebacabezas de bonecos de Neve. Tiñamos que estar moi atentos e fixarnos en todos os aspectos do boneco!





3. Grafismos de inverno.






Traballamos na aula o DIA DA NON VIOLENCIA E DA PAZ. Coñecimos a importancia de non pelexar e saber resolver os conflictos!! Por iso visualizamos un corto e convertímonos en magos pola paz!! Coas nosas chisteiras de magos e magas podemos resolver todos os conflictos!





Desfrutamos dun XOGO EN GRUPO que pasará a formar parte dos nosos rincóns.



Elaboramos animais con plantillas e PLASTILINA.


Fixemos unhas estupendas OBRAS DE ARTE INVERNAIS a través da visualización dun cadro.



TEMPO DE CONTO. Contamos o conto "O Grúfalo" pero sen mirar cómo era o animal que describían no conto. Despois no papel plasmamos cómo o imaxinamos cada un de nós.


Comezamos a subir a BIBLIOTECA para desfrutar có material que alí temos: contos, pezas de construcción...


Como todas as semanas, desfrutamos de tempo de RINCÓNS.


E por último, agradecer a familia de Airán e Demian a colaboración coa mochila viaxeira! Desfrutamos moito cós seus trucos de maxia!!


Que teñades unha boa fin de semana!