venres, 17 de marzo de 2023

OUTRA SEMANA EN 3 ANOS

 Ola familias,

Outra semana máis de traballo, deixovos propostas sobre o cadrado que levo facendo con eles algúns días, ademáis de outras actividades.

XOGOS

Os xogos de rincóns no faltan na clase.



PROPOSTAS DO CADRADO





TALLER CON MÓNICA
A nai de Sira animouse a vir a clase a falarnos do seu traballo, e ademáis despois convidounos a un postre riquísimo. 
Moitas grazas.



martes, 14 de marzo de 2023

CONTACONTOS

Hoxe en infantil desfrutamos có conto "A pedra vermella"! Un conto que nos axuda a xestionar as nosas emocións, onde a principal protagonista era unha pedra vermella!

A autora trouxo unhas pedras máxicas vermellas, como as do conto, que seguro nos axudan a controlarnos cando perdemos o control das emocións! 





sábado, 11 de marzo de 2023

SEMANA DA MULLER EN 4 ANOS

Ola familias! As tres propostas para esta semana foron:

1. Elaboración das vogais. Creamos con policubos, repasamos con rotulador e por último asociamos imaxes que empecen por esa vogal.







2. Unimos cada chistera co seu número de coellos.





3. Grafismos na chistera! Xa somos uns auténticos expertos en grafismos!! É Unha actividade que nos encanta !





Esta semana adícamola principalmente a coñecer a importancia que teñen as Mulleres na nosa vida! E participamos Nas diversas actividades que propuso biblioteca!

Na aula fixemos uns bonitos retratos das Mulleres da nosa vida!





E despois colaboramos nunha proposta feita pola familia de Airán e Demian! Na que plasmamos nunha cartulina as Mulleres da nosa vida!! Grazas pola iniciativa!


 Estes retratos foron plasmados nunhas chapas!! Actividade proposta dende biblioteca!


Por último, tivemos Unha sorpresa na aula que lles encantou!! Os escornabots volveron a nosa aula!! Realizamos un Xogo no que tiñamos que guiar ao mago para chegar aos diferentes elementos máxicos!!



Agradecer a familia de Liam a colaboración coa mochila viaxeira!!! Foi moi interesante coñecer a celda de Houdini e alucinaron coa cantidade de candados que tiña que abrir para poder liberarse!


Que teñades unha boa finde!

venres, 10 de marzo de 2023

A clase de 3 anos

 Ola familias. Outra semana máis chea de actividades novas. Espero vos gusten.

VISITAMOS A BIBLIOTECA

Visitamos a biblioteca e xogamos un pouco cós xogos que alí temos.



DÍA 8 DE MARZO

Para o día 8 de Marzo fixemos unha chapa é debuxamos a nosa nai, a muller máis importante da nosa vida. Quedou todo moi bonito.





LUPA E FOLERPIÑAS

Tiñan que buscar a folerpiña igual utilizando a lupa.


ESPUMA

O traballo con espuma sempre lles gusta moito. Fixemos a nosa obra de arte.


Fixemos moitas actividades máis, pero seguirei poñéndoas noutras semanas.

Pasade un bo fin de semana.

xoves, 9 de marzo de 2023

8 de Marzo

Polo Día Internacional da Muller, os nenos e nenas de 5° e 6° de E.I. desfrutaron dun obradoiro para fomentar a igualdade en ambos xéneros.
A través do xogo comprenderon que no hai profesións para nenos e para nenas e que o importante é facer alquilo que nos faga felices! Foi moi divertido vivir esta experiencia da man de Realkiddys!! 







sábado, 4 de marzo de 2023

Os pequerrechos de 3 anos

 Ola familias, traballamos un montón na clase de 3 anos. Deixovos algunha mostra das actividades e propostas.

NOME CON ESPONXAS






BONECOS DE NEVE

Bonecos de neve de figuras xeométricas.







LETRAS DE INVERNO


ORDENAMOS DO 1 AO 5.


GUSANO DE NÚMEROS





ACTIVIDAD DE INGLÉS
La profe Paula hizo esta actividad con los niño@s.



PROPOSTAS DA SEMANA