Ola familias! As tres propostas para esta semana foron:
1. Elaboración das vogais. Creamos con policubos, repasamos con rotulador e por último asociamos imaxes que empecen por esa vogal.
2. Unimos cada chistera co seu número de coellos.
3. Grafismos na chistera! Xa somos uns auténticos expertos en grafismos!! É Unha actividade que nos encanta !
Esta semana adícamola principalmente a coñecer a importancia que teñen as Mulleres na nosa vida! E participamos Nas diversas actividades que propuso biblioteca!
Na aula fixemos uns bonitos retratos das Mulleres da nosa vida!
E despois colaboramos nunha proposta feita pola familia de Airán e Demian! Na que plasmamos nunha cartulina as Mulleres da nosa vida!! Grazas pola iniciativa!
Por último, tivemos Unha sorpresa na aula que lles encantou!! Os escornabots volveron a nosa aula!! Realizamos un Xogo no que tiñamos que guiar ao mago para chegar aos diferentes elementos máxicos!!
Agradecer a familia de Liam a colaboración coa mochila viaxeira!!! Foi moi interesante coñecer a celda de Houdini e alucinaron coa cantidade de candados que tiña que abrir para poder liberarse!
Que teñades unha boa finde!
Ningún comentario:
Publicar un comentario