venres, 29 de outubro de 2021

SAMAIN EN 3 ANOS

Ola familias!!! Desfrutamos moito do noso primeiro samain no cole!!! Seguimos traballando moito a motricidade fina e as tres propostas da semana foron:
1. Colocamos pegatinas xeométricas dentro do morcego.




2. Elaboramos os nosos nomes utilizando cabazas de letras.

3. E fixemos uns crebacabezas dunhas arañas moi simpáticas.

Tamén traballamos moito a parte sensorial de forma terrorífica:




Contamos un conto que lles gustou moito e fixemos os nosos propios monstros.





Elaboramos unha merenda terrorífica con chuches e as repartimos en partes iguais.







Pintamos con esponxas para realizar os nosos antifaces!








Pouco a pouco seguimos introducindo novas rutinas na asamblea.
Manipulamos elementos de outono.
E o venres vimos moi guapos co noso disfrace ao cole.

Disfrutade moito da finde longa e vémonos o martes!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario