Con moitas ganiñas e ilusión comezamos a levar a cabo as propostas de aula!
Comezamos cun encendido navideño con luceciñas na clase, canción navideña e por suposto confeti... do 10 ao 1 comezou o nadal. (Tanta festa non dou tempo a fotos).
O día 1 recibimos unha carta de Papá Noel (somos uns sortudos), nela contaba que durante este mes imos ter na aula un axudante... un elfo...imaxínate a nosa cara de ledicia !! :) pero resulta que é un pouco trasno e cada día o temos que buscar na clase porque está agochado. Na carta tamén poñía que non se pode tocar porque perde a súa maxia, e que temos que buscarlle un nome e facer un reto; o noso elfo trouxo con él o calendario de advento.
A primeira proposta de nadal foi crear unha árbore, pero para darlle un pouco máis de motivación foi pintado cós pés... moitos camiños verdes se crearon...
Tamén xogamos a decorar a nosa árbore na clase.
Proposta de psicomotricidade fina e creatividade.
Propostas de matemáticas.
Crear árbore de nadal
Quebracabezas e lectoescritura.
Saúdos familias!!!
Que mayores... Cuánto trabajan!! Me encanta!
ResponderEliminar