xoves, 9 de decembro de 2021

PSICOMOTRICIDADE EN 4 E 5 ANOS

 Ola familias!

Seguindo o proxecto de centro os rapaces e rapazas de 5º e 6 º de Educación Infantil tamén imos a toda máquina nas clases de psicomotricidade.

Isto é posible porque estamos a dar a volta ao mundo acompañando aos protagonistas de "A volta ao Mundo en 80 días" de Xulio Verne.

        

Xunto a Phileas Fogg e Passepartout (Paspartú) xa visitamos lugares como Londres, Paris, Italia, Exipto e a India e descubrimos os seus monumentos, gastronomía, bailes e costumes a través de diferentes propostas.


Aquí tendes unha mostra das realizadas na nosa viaxe á India coas cales intentamos traballar o que tanto lles custa a algúns nenos: a concentración e a relaxación!!






Próximo destino... Hong Kong!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario