Ola familias!! Outra semana máis. Esta semana foi moi intensa porque tivemos a nosa primeira saida deste curso. E aproveitamos a nosa contorna saímos a "Senda da Auga".
Nada máis sair do cole atopamos a señalización do Camiño de Santiago, e aproveitamos para falar cós peregrinos que atopamos pola senda.
Despois observamos a natureza, atopamos auga e comprobamos se estaba quente ou fría...
Camiñando, camiñando atopamos o noso cole ao lonxe, dende fóra é un cole moi grande.
Seguindo as indicacións atopamos a fonte da senda e aproveitamos para xogar un pouco.
E de volta ao cole
Vocabulario da primavera. Traballamos vocabulario relacionado cas flores que atopamos preto das nosas casas, parques, campo, monte.
Preparamos o noso material para celebrar o día das Letras Galegas adicado este ano a Florencio Manuel Delgado Gurriarán.
Saúdos familias!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario