Ola familias!! As tres propostas desta semana foron:
1. Realizar o seu nome utilizando letras de flores.
2. Poñemos no tren tantos viaxeiros como nos indican.
3. Pintamos con rodillos e papel burbulla.
Outras actividades que fixemos...
MEDALLAS CON ARCILLA. Nelas estampamos insectos que temos na aula.
ESCORNABOT. Seguimos experimentando có robot e as súas funcións! Esta semana investigamos como podemos facer para que se mova polos números.
- Utilizamos pétalos para realizar a vogal A.
- Conteo de pétalos.
Que teñades unha boa fin de semana e vémonos o luns!
Ningún comentario:
Publicar un comentario