Ola familias!! Outra semana máis... xa estamos cós preparativos para finalizar o curso.
1. Comezamos a diseñar todo o que nos fai falta para o festival e co que sobra o utilizamos para o noso xogo no tempo adicado a xogo libre. Como vedes nas fotos xurdiron pistas para coches, cidades con pontes, avións e incluso berces para os bonecos que temos na aula.
2. Para lectoescritura esta semana o que fixemos foi escribir o que se vía na imaxe.
3. Na estación de mates tiñamos que buscar o número que faltaba entre os outros dous.
3. Tamén fixemos unha proposta de atención: tiñamos que emparellar o camión grande có pequeno, pero con moita atención porque a súa carga cambia de cor.
Ningún comentario:
Publicar un comentario