Ola familias!! Aquí seguimos no último mes do curso...
Seguimos traballando e xa facendo sorpresiñas para rematar o curso , que de momento, non se pode contar.
Nas seguintes fotos veredes o que fixemos nesta semana.
1. Conciencia fonolóxica. Como lles gusta dar palmadas para averiguar como son de longas as palabras.
2. Facer colares da primavera seguindo patrón.
3. Seguimos caa nosas sesións de xogos de mesa.
4. A proposta semanal na estación dos crebacabezas era crear construccións grandes... e apareceron casas... e como se nota que está chegando o verán tamén crearon piscinas e incluso iacuzzi.
4. Crear propostas artísticas utilizando pegatinas.
5. Traballamos o sentido do tacto e o auditivo... adiviña quen fala e a quen teño diante... moi divertido e a súa vez aguantar sen falar cando non toca .
6. E por último... despois da semana de chuvia saímos ao patio a pintar con xices e a facer pompas de xabón.
E esta semana rematou...
No se ve!
ResponderEliminar