Ola familias!! Outra semana mais seguimos levando a cabo as nosas tres propostas semanais:
1. Decoración de ventás realizando arañas de samain.
2. Creamos a palabra outono.
3. Troquelamos follas e realizamos conteo.
Ademais......
Seguimos descubriendo a KANDINSKY e creamos o seu nome.
Realizamos conteo e agrupacións.
Iniciámonos en sesións de relaxación.
Realizamos un Xogo de Samain no que tiñamos que descubrir a onde chegabamos seguindo as frechas
Fixemos un OBRADOIRO DE VIDA PRACTICA de dobrado de roupa. Foi unha actividade que xurdiu deles cando un compañeiro descubriu que a muda que tiña na súa percha non estaba ben dobrada.
E repetimos actividade de DEBULLADO que tanto triunfou o curso pasado.
Que teñades unha boa finde!
Ningún comentario:
Publicar un comentario