venres, 28 de outubro de 2022

SEMANA TERRORÍFICA EN 4 ANOS

Ola familias!! Esta semana non fixemos propostas, xa que estivemos desfrutando con algunhas actividades terroríficas!! Vendo a motivación e a gran acollida que tivo o Samain a seguinte semana continuaremos realizando actividades desta temática aproveitando o interese da aula!

Deixo fotos dalgunhas cousiñas que fuimos facendo.

Contamos e cortamos bichos de chuches.



Xogamos cun lince de medo.



Aproveitamos para coñecer o Xogo do "uno" de Samain.


Fixemos unha manualidade na que a pantasma aparecía e desaparecía.



E comezamos a facer uns Colares que terminaremos a próxima semana!


Desfrutade da ponte!

Ningún comentario:

Publicar un comentario