sábado, 17 de decembro de 2022

NADAL EN 4 ANOS

Ola familias! Na aula de 4 anos seguimos desfrutando da maxia do Nadal e preparando as últimas cousiñas deste trimestre que está a piques de rematar!

As tres propostas desta semana foron:

1. Atopar no teclado as letras que forman as palabras do vocabulario de Nadal.




2. Colocar regalos no trineo, contar e seleccionar o número.




3. Reproducir o esquema corporal do elfo ou da elfa.




E seguimos elaborando os retos que nos propón o noso querido elfo!! Están desfrutando moito cando chegan e teñen que Atopar o elfo que as veces agóchase moi ben para non ser visto.

Algúns dos retos desta semana foron:

Elaborar a portada para os nosos traballos.

Desfrutar con contos de Nadal.

Elaborar unha bolsa de Nadal.

Agradecer a familia de Rubén a colaboración para a mochila viaxeira!! Encantounos coñecer ao mago Rubén e os seus elementos de maxia!!

Boa finde e ata o luns!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario