sábado, 18 de marzo de 2023

ÚLTIMA SEMANA DO INVERNO EN 4 ANOS

Ola familias! As tres propostas desta semana foron:

1. Ruleta máxica das vogais.






2. Códigos secretos máxicos.





3. Debuxo máxico. Elaboramos o debuxo con cola, botamos sal e damos cor con acuarela e.... Maxia!






Algunas actividades que tamén fixemos foron:

Desfrutar coa arte de HERVÉ TULLET. Vimos o conto "Colores" e despois fixemos o noso cadro con puntos e mans de cores.






Subimos a BIBLIOTECA para retomar os XOGOS DE MESA que tanto triunfaron o curso pasado! Aproveitamos tamén para desfrutar coa mesa de luz e cós legos.




GRAFISMO CREATIVO en ovos.


Fixemos unha XINCANA DE MOTRICIDADE FINA que nos trouxo a profe Mónica! Aparte de seguir có traballo das nosas mans tamén desfrutamos cós números e as letras!







Fixemos un XOGO CON DADOS.


Coa teacher Paula coñecimos a lenda do "leprechaun". Colaboramos na decoración e festexamos o St. PATRICK'S DAY! Ese mesmo día subimos a ver se a trampa para o "leprechaun" funcionara e descubrimos que deixara unhas moedas de chocolate para nós!! Foi moi divertido!!


Por último, festexamos a semana das MULLERES da nosa vida!! Agradecer a todas as familias da aula que participaron a que ésta semana se puidera levar a cabo! Foi moi divertido desfrutar con contos, música e ioga!




Boa fin de semana!

Ningún comentario:

Publicar un comentario