venres, 14 de maio de 2021

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS EN 6°E.I.

Ola familias! Esta semana coincidindo coa Semana das Letras Galegas tivemos 4 propostas relacionadas coa nosa comunidade:
1. Coñecer a bandeira de Galicia e debuxala.

2. Formar o nome da homenaxeada das Letras Galegas: Xela Arias.


3. Facer o puzzle de España e localizar Galicia e coloreala.

4. Coñecer elementos da nosa terra e unir a tarxeta co nome.

Ademais tamen adicamos tempo a realizar outras actividades:
Seguimos có proxecto de centro! Nesta ocasión no chan tiñamos partes da catedral de Santiago que debíamos unir.
Traballamos sobre Xela Arias e fixemos a súa careta.
Carmen sorprendeunos con pitiños na aula! Como é toda unha experta explicounos moitas cousiñas sobre eles! Gustounos moito poder tocalos e observalos pola aula! Moitas grazas pola colaboración!! Foi moi divertido!!


Na escola estamos coa campaña da froita!! Este curso por ser os maiores da etapa somos os encargados de repartir a froita en infantil: preguntamos, seleccionamos a froita e repartimos!! Facémolo moi contentos e emocionados!!
Na aula de 4° de E.I. teñen vermes de seda!! Estamos moi emocionados co tema e imos a súa aula a diario a buscar a caixa para observalos!! Nestas semanas estamos moi nerviosxs pola chegada das bolboretas!! Moitas grazas profe Leti por deixarnos desfrutar dos vermes e contarnos moitas curiosidades sobre eles!
Seguimos có traballo dos números e das decenas! Buscamos un número na táboa do 100, decimos cal é e colocamos cantas decenas e unidades ten!

O 15 de maio celébrase o Día da Familia! Leemos moitos contos relacionados có tema!! Visualizamos o conto "Un puñado de botóns" e falamos das nosas familias! Fixemos un debuxiño dunha familia e unimos os corazóns cun fío!

Xogamos a facer casiñas, flores, coches...
Preparamos as nosas macetas debuxando caras e cortando a herba que creceu! Despois levámola para casa para poder coidalas!

Apuntamos o novo reto en papeis para llevar para casa e recordar que traer.
Xogamos a un xogo de equilibrio para mellorar a nosa motricidade e atención!
E para finalizar a semana disfrutamos moito coa maratón das Letras Galegas!


Que teñades unha boa finde longa e vémonos o martes!!

5º de Educación Infantil

 Hola familias. Esta semana seguimos a traballar un montón de actividades, entre elas coñecimos a Xela Arias, escritora homenaxeada nas Letras Galegas. 

XELA ARIAS


REVISTA LÓSTREGO

Para a revista do colexio fixemos uns debuxos de peregrinos. Quedaron xeniais.



DÍA DA FAMILIA
Para o día da familia fixemos uns chaveiros moi orixinais, espero os gustaran.


CONTAMOS
Fixemos un xogo de adiviñar observando, cantos obxectos había nun bote. Fixeronno moi ben.


TABLEROS DE NÚMEROS E LETRAS

Repasamos os números e letras cuns tableros moi especiais.


LETRA a


Pasade un bo fin de semana

MARATÓN






xoves, 13 de maio de 2021

RETO 4

Para superar o reto 4 apareceu nas aulas un súper puzzle xigante!!! Coincidindo coa semana das Letras Galegas, tivemos que formar o retrato da homenaxeada deste ano: XELA ARIAS!!
Reto máis que superado!!!



Estade moi atentxs ao novo reto de mañan!

martes, 11 de maio de 2021

CUMPREANOS NA CLASE DE 4 ANOS

 Onte celebramos os cumpreanos de Daniela e de Anahí. Felicidades as dúas e que cumpran moitos máis.

🍦🍭🍬🍰






venres, 7 de maio de 2021

RETO 3

Outra semana máis... Reto superado!!! Moitas grazas familias por participar aportando cunchas coas que faremos actividades!!



Imos a polo seguinte reto!!

INSECTOS EN 6° DE iNFANTIL

Ola familias! Seguimos outra semana máis con propostas de bechos e insectos de primavera. Foron as seguintes:
1. Debuxar unha xoaniña seguindo os pasos.

2. Contar os insectos das tarxetas e fixarse ben se están hacia a dereita ou esquerda.

3. Elaborar pulseiras con nomes de bechos e insectos.

4. Facer letras maiúsculas e minúsculas utilizando os nosos bechos e insectos.

5. Emparellar cada foto co seu nome.

Tamen fixemos outras actividades!! 
Desfrutar co noso robot.
Xogos de mesa de atención.
Xogo de tarxetas nas que sinalamos que obxecto non comeza por esa letra.
Decoramos unha Caixa para o noso supermercado de aula.
Vimos durante toda a semana imaxes dos lugares polos que pasamos se facemos o camiño portugués.

Incluimos novo material no recuncho: debemos tirar o dado e escribir e debuxar a imaxe que nos sae.
Aproveitamos as cunchas para facer: conteo, series, agrupacións, traballar conceptos matemáticos, elaborar letras... Déronnos moito xogo esta semana.

O bo tempo animounos a facer parte da asamblea ao aire libre.
Apareceu unha xoaniña que quixeron coidar e sobre a cal investigamos moitas curiosidades!! 
Traballamos a conciencia fonolóxica!! Despois de ordear as letras buscamos porque letra comenzaba cada animal!! Foi moi divertido e un gran traballo en equipo!
Pero sobretodo, pasámolo moi ben no noso día a día facendo xogo simbólico e xogos. 



Que teñades unha boa fin de semana!!

A CLASE DE MARGA

 Ola familias, xa estamos de volta e con moitas gañas de facer cousas. 

Mándovos algunhas actividades que quedaran sen rematar e outras novas. Pasade un bo fin de semana.

CONTOS CLÁSICOS

Na semana do "Día do libro" estivemos a traballar os contos clásicos a través dun poster onde aparecían personaxes de diversos contos.


LECTURA AO AIRE LIBRE

Sempre que se pode, gústanos saír a ler ao aire libre.


GUSANOS DE SEDA
Na aula de 3 anos teñen gusanos de seda e leveinos a clase para que os viran.
Fixemos unha ficha relacionada co proceso dende gusano ata que son volvoretas.



DECORANDO AS VENTÁS

Puxemos unhas volvoretas nas ventás da clase.




                         CONTAMOS COAS CUNCHAS
Grazas pola cantidade de cunchas que estades a traer. Esta vez contamos con elas, pero seguirei a facer actividades diversas.