venres, 7 de maio de 2021

INSECTOS EN 6° DE iNFANTIL

Ola familias! Seguimos outra semana máis con propostas de bechos e insectos de primavera. Foron as seguintes:
1. Debuxar unha xoaniña seguindo os pasos.

2. Contar os insectos das tarxetas e fixarse ben se están hacia a dereita ou esquerda.

3. Elaborar pulseiras con nomes de bechos e insectos.

4. Facer letras maiúsculas e minúsculas utilizando os nosos bechos e insectos.

5. Emparellar cada foto co seu nome.

Tamen fixemos outras actividades!! 
Desfrutar co noso robot.
Xogos de mesa de atención.
Xogo de tarxetas nas que sinalamos que obxecto non comeza por esa letra.
Decoramos unha Caixa para o noso supermercado de aula.
Vimos durante toda a semana imaxes dos lugares polos que pasamos se facemos o camiño portugués.

Incluimos novo material no recuncho: debemos tirar o dado e escribir e debuxar a imaxe que nos sae.
Aproveitamos as cunchas para facer: conteo, series, agrupacións, traballar conceptos matemáticos, elaborar letras... Déronnos moito xogo esta semana.

O bo tempo animounos a facer parte da asamblea ao aire libre.
Apareceu unha xoaniña que quixeron coidar e sobre a cal investigamos moitas curiosidades!! 
Traballamos a conciencia fonolóxica!! Despois de ordear as letras buscamos porque letra comenzaba cada animal!! Foi moi divertido e un gran traballo en equipo!
Pero sobretodo, pasámolo moi ben no noso día a día facendo xogo simbólico e xogos. 



Que teñades unha boa fin de semana!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario