Ola familias! Esta semana coincidindo coa Semana das Letras Galegas tivemos 4 propostas relacionadas coa nosa comunidade:
1. Coñecer a bandeira de Galicia e debuxala.
2. Formar o nome da homenaxeada das Letras Galegas: Xela Arias.
3. Facer o puzzle de España e localizar Galicia e coloreala.
4. Coñecer elementos da nosa terra e unir a tarxeta co nome.
Ademais tamen adicamos tempo a realizar outras actividades:
Seguimos có proxecto de centro! Nesta ocasión no chan tiñamos partes da catedral de Santiago que debíamos unir.
Traballamos sobre Xela Arias e fixemos a súa careta.
Carmen sorprendeunos con pitiños na aula! Como é toda unha experta explicounos moitas cousiñas sobre eles! Gustounos moito poder tocalos e observalos pola aula! Moitas grazas pola colaboración!! Foi moi divertido!!
Na escola estamos coa campaña da froita!! Este curso por ser os maiores da etapa somos os encargados de repartir a froita en infantil: preguntamos, seleccionamos a froita e repartimos!! Facémolo moi contentos e emocionados!!
Na aula de 4° de E.I. teñen vermes de seda!! Estamos moi emocionados co tema e imos a súa aula a diario a buscar a caixa para observalos!! Nestas semanas estamos moi nerviosxs pola chegada das bolboretas!! Moitas grazas profe Leti por deixarnos desfrutar dos vermes e contarnos moitas curiosidades sobre eles!
Seguimos có traballo dos números e das decenas! Buscamos un número na táboa do 100, decimos cal é e colocamos cantas decenas e unidades ten!
O 15 de maio celébrase o Día da Familia! Leemos moitos contos relacionados có tema!! Visualizamos o conto "Un puñado de botóns" e falamos das nosas familias! Fixemos un debuxiño dunha familia e unimos os corazóns cun fío!
Xogamos a facer casiñas, flores, coches...
Preparamos as nosas macetas debuxando caras e cortando a herba que creceu! Despois levámola para casa para poder coidalas!
Apuntamos o novo reto en papeis para llevar para casa e recordar que traer.
Xogamos a un xogo de equilibrio para mellorar a nosa motricidade e atención!
E para finalizar a semana disfrutamos moito coa maratón das Letras Galegas!
Que teñades unha boa finde longa e vémonos o martes!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario