xoves, 18 de marzo de 2021

5º EDUCACIÓN INFANTIL

 Ola familias:

Unha semana máis traballamos moito na nosa aula. Non poño todo o que facemos porque sería sacar fotos seguido, sempre os poño unha mostra dalgunha actividade diferente.     Están saíndo algúns brotes das flores que plantamos. A ver si o luns atopamos máis brotes cando cheguemos. 

Deséxovos un bo fin de semana.

REPASAMOS O NÚMERO 5

O bo tempo que empezamos a ter facilita facer actividades ao aire libre. Pintei un 5 no chán e o percorremos por encima.


DECORANDO BOLSAS

Xa decoramos as bolsas para poder levar para a semana os traballos realizados no segundo trimestre.


CUADERNO DO NÚMERO 5
Esta semana realizamos tamén o cuaderno do número 5 , que xa levaron para casa.


CONTO: "TEQUIERO PAPÁ"
Esta semana aproveitando a cercanía do "DÍA DO PAI", traballei un conto moi relacionado. Logo fixemos o debuxo correspondiente.






PICNIC Ó AIRE LIBRE
Aproveitando o bo tempo saímos a merendar fora. Foi moi divertido.




REMATAMOS MINI PROXECTO EN 6° E.I.

Ola familias!! Esta semana cortiña aproveitamos para rematar o mini proxecto sobre os animais polares. Tivemos catro propostas que foron as seguintes:
Sumas de pingüíns e osos. Utilizando os paos de cores.


Ficha de información sobre os pingüíns. Na lámina tiñan a información en debuxos e eles tiñan que escribila.



Series libres utilizando pingüíns e osos polares. Despois o debuxaron nun folio.

Ficha de información sobre os osos polares. Escribindo como a dos pingüíns.


Ademais fixemos moitas actividades como por exemplo...
Preparamos as portadas e as bolsas para os traballiños deste trimestre. Debuxamos e coloreamos con témpera e utilizamos un garfo.



Fixemos unha plantación de herba que utilizaremos para unha manualidade.



Seguimos traballando o vocabulario do Camiño de Santiago e estivemos facendo un xogo. Tiñan que sinalar o debuxo que non comezara por esa letra.


Empezaron a sair os primeros brotes de chícharos!! Polo que seguimos có rego e coidado e ademáis elaboramos un rexistro!


Ademáis seguimos rexistrando as nosas emocións.

Aproveitamos este bo tempo para facer moitos xogos ao aire libre!

Como o inverno remata este finde e finalizamos o mini proxecto, levamos para casa neve para recordar cando visitamos os polos! 
Que teñades unha boa finde longa e vémonos o luns!!

sábado, 13 de marzo de 2021

ANIVERSARIO DE VALENTINA

Hoxe Valentina cumpre 6 anos!!! Polo que onte na aula fixemos unha gran celebración por facerse maior! Este curso como temos poucos aniversarios que celebrar fainos moita ilusión cando temos un! Como xa é habitual este ano, en 6º, estamos facendo unhas celebracións especiais nas que traemos fotos de cando eramos pequenos e a protagonista da seis voltas ao sol (tantos como anos ten). 

Feliz volta ao Sol Valentina!! Esperamos disfrutes moito do teu día!!



venres, 12 de marzo de 2021

A CLASE DE MARGA

 Esta semana o que máis lles gustou ao alumnado foi a plantación de semillas de frores. Esperemos que saian pronto. 

PRANTACIÓN DE FRORES.


CONTO: "DEZ GATIÑAS VIAXEIRAS".

Esta semana traballei este conto que o ano pasado mandamos comprar para que nos firmara o autor. Debido ao coronavirus non chegamos a poder firmalo. A ver si para o ano xa poden vir os autores aos colexios. Aproveitando o bo tempo saímos fora a debuxar.




XOGO COAS SÍLABAS.

Fixen  un xogo para contar as sílabas das palabras utilizando imáxes. Estes xogos son moi importantes para a futura lectura.


DÍA DA MULLER.

O luns debuxamos as mamás, como recoñecemento da súa importancia na vida dos nen@as.


RELAXACIÓN NA AULA.


PRÍNCIPE e
Outra actividade do Príncipe e


SELECCIÓN DOS CONTOS DE PRÉSTAMO.
Para seleccionar os contos do préstamo desta semana utilicei unha  maneira diferente. Puxen todos os libros en exposición por toda a aula e os nen@s foron elixindo o que máis lle gustaba.



SEGUIMOS COS ANIMAIS POLARES EN 6°E.I

Ola familias! Outra semana máis seguimos aprendendo cousiñas sobre os animais polares. As cinco propostas desta semana foron:
Coñecer como nacen os pingüíns e ordear a súa secuencia.

Debuxar diferentes animais que viven nos polos coa axuda dunha lámina.

Completar as partes do oso polar.

Contar os diferentes animais que había na lámina! Traballamos desta forma o conteo e a atención.


Ordear os pingüíns do 1 ao 20 e completar tendo en conta o número anterior e posterior.

Ademáis tamen investigamos sobre o proxecto e descubrimos as diferentes rutas que existen para facelo. Quedounos claro que o Camiño remata en Santiago. Fixemos un xogo de atención relacionado con Camiño.


Utilizamos as fotos das nais que chegaron a aula para facer o retrato das nais polo día da Muller para despois colgar o retrato e as fotos no corredor.
Traballamos a lectoescritura na pizarra dixital.
Practicamos as sumas de maneira manipulativa co xogo dos paos.
E ata aquí a nosa Semana! Que teñades unha boa finde!

martes, 9 de marzo de 2021

DIA DA MULLER

Onte, día 8 de marzo, festexamos o día da Muller! 
Dende infantil quixemos aproveitar este día para facer unha pequena homenaxe as Mulleres da vida dxs nosxs pequenxs. Puxémonos mans a obra e fixemos uns pequenos retratos das nais que logo colgamos no corredor! Quedou moi bonito!!