Ola familias!! Esta semana cortiña aproveitamos para rematar o mini proxecto sobre os animais polares. Tivemos catro propostas que foron as seguintes:
Sumas de pingüíns e osos. Utilizando os paos de cores.
Ficha de información sobre os pingüíns. Na lámina tiñan a información en debuxos e eles tiñan que escribila.
Ficha de información sobre os osos polares. Escribindo como a dos pingüíns.
Ademais fixemos moitas actividades como por exemplo...
Preparamos as portadas e as bolsas para os traballiños deste trimestre. Debuxamos e coloreamos con témpera e utilizamos un garfo.
Fixemos unha plantación de herba que utilizaremos para unha manualidade.
Seguimos traballando o vocabulario do Camiño de Santiago e estivemos facendo un xogo. Tiñan que sinalar o debuxo que non comezara por esa letra.
Ademáis seguimos rexistrando as nosas emocións.
Aproveitamos este bo tempo para facer moitos xogos ao aire libre!
Como o inverno remata este finde e finalizamos o mini proxecto, levamos para casa neve para recordar cando visitamos os polos!
Que teñades unha boa finde longa e vémonos o luns!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario