venres, 12 de marzo de 2021

SEGUIMOS COS ANIMAIS POLARES EN 6°E.I

Ola familias! Outra semana máis seguimos aprendendo cousiñas sobre os animais polares. As cinco propostas desta semana foron:
Coñecer como nacen os pingüíns e ordear a súa secuencia.

Debuxar diferentes animais que viven nos polos coa axuda dunha lámina.

Completar as partes do oso polar.

Contar os diferentes animais que había na lámina! Traballamos desta forma o conteo e a atención.


Ordear os pingüíns do 1 ao 20 e completar tendo en conta o número anterior e posterior.

Ademáis tamen investigamos sobre o proxecto e descubrimos as diferentes rutas que existen para facelo. Quedounos claro que o Camiño remata en Santiago. Fixemos un xogo de atención relacionado con Camiño.


Utilizamos as fotos das nais que chegaron a aula para facer o retrato das nais polo día da Muller para despois colgar o retrato e as fotos no corredor.
Traballamos a lectoescritura na pizarra dixital.
Practicamos as sumas de maneira manipulativa co xogo dos paos.
E ata aquí a nosa Semana! Que teñades unha boa finde!

Ningún comentario:

Publicar un comentario