A semana pasada na clase de 5 anos celebramos o cumpreanos de Xulia. Moitas felicidades e seguro o pasaste fenomenal. 🍬🍭🧁🎂
martes, 23 de novembro de 2021
sábado, 20 de novembro de 2021
DÍA UNIVERSAL DA INFANCIA
Hoxe, día 20 de Novembro conmemórase o Día Universal da Infancia.
Para conmemoralo, en infantil contamos o conto "O Neno sen Nome", no que comprobamos que todos temos dereito a ter nome. Despois quixemos deixar constancia de que todos xs nenxs temos nome!!
SEGUIMOS CON PROPOSTAS DE OUTONO EN 4 ANOS
Esta estación está dando moito de si. Aquí tedes as diferentes propostas que xurdiron na nosa aula.
Crear mural coas cores de outono pero utilizando follas, castañas, carozos para pintar, estampar... e como non pode faltar nunca experimentar coa pintura nas nosas mans.
A seguinte proposta foi crear animais a partir dunha folla, os elementos engadidos foron xurdindo a medida que se creaba o animal e aparecían problemas técnicos (o rotu non pintaba nas follas) decidiron que plastilina e purpurina destacarían máis nas súas produccións.
O mércores un neno da clase amosou a súa pulseira que fixera na súa casa. O resto da clase quería unha... como non tiñamos o material na aula nun ratiño elaboramos a nosa pulseira "plimplim" e xa somos do clube das pulseiras verdes... que saibades que toda aquela mestra que entrou na clase nesa xornada tiveron unha pulseira elaborada polos nenos da aula. Unhas sortudas!!!

Pero a semana tamén dou tempo para buscar facer de detectives e buscar as letras dos seus nomes e dos seus compis así como o conteo de elementos de outono...
Saudiños!!
RECICLAXE EN 4 ANOS
Levamos un tempo facendo acopio de vasos de iogur na clase parte das familias e mestras do centro. Como xa temos os suficiente para comezar a facer "retos" esta semana comezamos as grandes obras...
O primeiro foi facer grandes muros para derribar despois (é a parte divertida). Para facer estos muros temos que crear un bo equipo de traballo ben planificado, porque un vaso mal colocado fai que todo o noso muro vaia abaixo. Traballo en equipo e precisión foron postos a práctica.
O día seguinte o reto foi crear torres e contar cantos vasos se podían poñer antes de que caira o chan.
Para rematar a semana decidimos facer camiños ... o primeiro foi ata a ducha do noso baño e o segundo ata a porta da nosa compi de 5 anos... como non chegaban para rematar o camiño, tivemos que buscar pola clase máis elementos que pudidesemos utilizar. Esperamos que o seguinte camiño se a Covid nos deixa sexa poder entrar na súa clase ou doutros compis da escola.
Como este só é o comezo dos nosos retos... precisamos mais vasos da mesma marca que aparecen nas fotos... xa sabedes familias...A comer moitos iogures!!
venres, 19 de novembro de 2021
NOVEMBRO EN 3 ANOS
martes, 16 de novembro de 2021
SEMANA DE MAGOSTO EN 4 ANOS
Esta semana tocaba magosto... e así os dispuxemos... fixemos mural de castañas, as contamos e preparamos o novo "castañeiro" para o super magosto e fixemos un móbil... e así esperamos ao venres con festa rachada!!






















