sábado, 20 de novembro de 2021

SEGUIMOS CON PROPOSTAS DE OUTONO EN 4 ANOS

 Esta estación está dando moito de si. Aquí tedes as diferentes propostas que xurdiron na nosa aula.

Crear mural coas cores de outono pero utilizando follas, castañas, carozos para pintar, estampar... e como  non pode faltar nunca experimentar coa pintura nas nosas mans.





A seguinte proposta foi crear animais a partir dunha folla, os elementos engadidos foron xurdindo a medida que se creaba o animal e aparecían problemas técnicos (o rotu non pintaba nas follas) decidiron que plastilina e purpurina destacarían máis nas súas produccións.



O mércores un neno da clase amosou a súa pulseira que fixera na súa casa. O resto da clase quería unha... como non tiñamos o material na aula nun ratiño elaboramos a nosa pulseira "plimplim" e xa somos do clube das pulseiras verdes... que saibades que toda aquela mestra que entrou na clase nesa xornada tiveron unha pulseira elaborada polos nenos da aula. Unhas sortudas!!! 🤩


Pero a semana tamén dou tempo para buscar facer de detectives e buscar as letras dos seus nomes e dos seus compis así como o conteo de elementos de outono...





Saudiños!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario