Levamos un tempo facendo acopio de vasos de iogur na clase parte das familias e mestras do centro. Como xa temos os suficiente para comezar a facer "retos" esta semana comezamos as grandes obras...
O primeiro foi facer grandes muros para derribar despois (é a parte divertida). Para facer estos muros temos que crear un bo equipo de traballo ben planificado, porque un vaso mal colocado fai que todo o noso muro vaia abaixo. Traballo en equipo e precisión foron postos a práctica.
O día seguinte o reto foi crear torres e contar cantos vasos se podían poñer antes de que caira o chan.
Para rematar a semana decidimos facer camiños ... o primeiro foi ata a ducha do noso baño e o segundo ata a porta da nosa compi de 5 anos... como non chegaban para rematar o camiño, tivemos que buscar pola clase máis elementos que pudidesemos utilizar. Esperamos que o seguinte camiño se a Covid nos deixa sexa poder entrar na súa clase ou doutros compis da escola.
Como este só é o comezo dos nosos retos... precisamos mais vasos da mesma marca que aparecen nas fotos... xa sabedes familias...A comer moitos iogures!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario