mércores, 15 de xuño de 2022

martes, 14 de xuño de 2022

ANIVERSARIO AIRÁN Y DEMIAN

Hoxe están de aniversario Airán e Demian e cumpren 4 anos!!! No cole fixemos unha celebración!! Feliz Volta ao Sol!






luns, 13 de xuño de 2022

Cumpreanos Erik

 Ainda que o cumpreanos de Erik é no verán. Hoxe o quixenos celebrar no colexio. Felicidades. 🎉🍬🎂



sábado, 11 de xuño de 2022

Excursión fin de curso

 O día 10 de Xuño celebramos a excursión de fin de curso. Pasáronno fenomenal e chegaron agotados. Aquí deixamos unha mostra. 😉


venres, 10 de xuño de 2022

4 ANOS

 Ola familias!! Outra semana máis... xa estamos cós preparativos para finalizar o curso.

1. Comezamos a diseñar todo o que nos fai falta para o festival e co que sobra o utilizamos para o noso xogo no tempo adicado a xogo libre. Como vedes nas fotos xurdiron pistas para coches, cidades con pontes, avións e incluso berces para os bonecos que temos na aula.



2. Para lectoescritura esta semana o que fixemos foi escribir o que se vía na imaxe.


3. Na estación de mates tiñamos que buscar o número que faltaba entre os outros dous.


3. Tamén fixemos unha proposta de atención: tiñamos que emparellar o camión grande có pequeno, pero con moita atención porque a súa carga cambia de cor.


4. En arte fixemos unha proposta de grafismo creativo, nesta ocasión fixemos círculos.


5. E como todas as semanas o noso tempiño para xogos de mesa.


Vémonos a próxima semana!!

3 ANOS

Ola familias!! Seguimos con propostiñas esta semana:

1. Series con coches de cores.





2. Arte. Pegamos papeis de seda e pasamos auga por encima e... Maxia!!  




3. Decoramos medios de transporte.






Ademais....

Comezamos coa decoración das bolsiñas de fin de curso.


Estivemos preparando unha sorpresiña.


Fixemos un XOGO de conteo de coches.





XOGO DE SOMBRAS DE MEDIOS DE TRANSPORTE.



Que teñades unha boa fin de semana!!

luns, 6 de xuño de 2022

DIA DO MEDIO AMBIENTE

O día 5 de xuño é o día do medio ambiente! Para conmemoralo, en infantil fixemos un circuito utilizando como medios de transporte as nosas bicicletas e patinetes!! Desta forma concienciamos da importancia do uso destes medios! 

 Foi un día diferente no que desfrutaron moito!!









5º Educación infantil


Ola familias!! Aquí seguimos no último mes do curso...

Seguimos traballando e xa facendo sorpresiñas para rematar o curso , que de momento, non se pode contar.

Nas seguintes fotos veredes o que fixemos nesta semana.

1. Conciencia fonolóxica. Como lles gusta dar palmadas para averiguar como son de longas as palabras.


















2. Facer colares da primavera seguindo patrón.



















3. Seguimos caa nosas sesións de xogos de mesa.



















4. A proposta semanal na estación dos crebacabezas era crear construccións grandes... e apareceron casas... e como se nota que está chegando o verán tamén crearon piscinas e incluso iacuzzi.





































4. Crear propostas artísticas utilizando pegatinas.



















5. Traballamos o sentido do tacto e o auditivo... adiviña quen fala e a quen teño diante... moi divertido e a súa vez aguantar sen falar cando non toca 🤪.



















6. E por último... despois da semana de chuvia saímos ao patio a pintar con xices e a facer pompas de xabón.





















E esta semana rematou...